Parte Hidrolóxico Semanal

Parte Hidrolóxico SemanalO Parte Hidrolóxico Semanal, ten como obxectivo achegar información cunha periodicidade semanal, sobre o estado hídrico no que encontran as concas integradas na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e a súa evolución ao longo do ano hidrolóxico.

Este informe é elaborado cos rexistros recollidos nas estacións do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) e cos datos relativos a encoros proporcionados polas empresas concesionarias.
 
 
O documento inclúe:
  • Información pluviométrica da última semana e acumulada para o ano hidrolóxico e a súa comparación cos rexistros históricos dispoñibles.
  • Caracterización da precipitación rexistrada en función do índice de seca estandarizado "SPI" (Standardized Precipitation Index).
  • Situación actual do volume de auga almacenado nos encoros da conca e a súa comparación con valores de anos anteriores.
  • Seguimento actualizado do Convenio de Albufeira.
  • Evolución diaria do caudal e a súa comparación cos rexistros históricos dispoñibles nas seguintes estacións:
    • Estacións de peche de cada un dos sistemas de explotación nos que se divide a Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.
    • Estacións de aforamento significativas.
  • Evolución mensual do caudal en estacións sen regulación (en réxime natural) e a súa comparación cos rexistros históricos dispoñibles.

Partes emitidos:

 

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.