O Centro de Control (CECU) do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) elabora diariamente un informe de estima de precipitación acumulada en 29 sistemas (conca, subconca ou agrupación de concas), correspondentes ao ámbito xeográfico da Confederación Hidrográfica del Miño - Sil.
A través dun Convenio de Colaboración de Intercambio de Datos entre a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMet) e a Dirección Xeral da Auga (DGA) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS) recibe os datos numéricos de precipitación acumulada, cun alcance de 72 horas, do modelo Hirlam (High Resolution Limited Area Model) que é un modelo rexional (área limitada) de predición numérica do tempo que, cada 6 horas, confecciona a AEMet.
Cos datos numéricos recibidos no Centro de Bacía da Confederación Miño - Sil confecciónanse, diariamente, empregando un Sistema de Información Xeográfica, tres mapas coa estimación da precipitación acumulada en 24 horas e cun alcance de 72 horas (3 días), para todo o ámbito da Confederación.
A través do SIG confecciónanse unhas táboas cos valores da estimación da precipitación media e a máxima puntual en 24 horas para cada sistema definido no Plan Hidrolóxico de Bacía.
Como criterio interno, e co fin de facer un seguimento máis exhaustivo das posibles precipitacións que se produzcan, así como as súas consecuencias no que fai ao aumento de caudal dos ríos y posibles riscos de inundación, establecéronse unhos umbrales que, en caso de ser superados en calquera dos sistemas da Conca, desencadean un protocolo de actuación por parte do Centro de Bacía.
A través ESTE ENLACE pode acceder aos últimos informes de previsión da precipitación elaborado polo Centro de Bacía da Confederación. Nestes informes, inclúese a predicción para tres días cos datos do primeiro deles ás 00.00 horas.