Unha inundación é unha crecida temporal e excepcional no caudal do río, que pode deberse a causas naturais como artificiais. As primeiras son as máis frecuentes e son debidas a excesos de choiva coincidentes ou non cos desxeos, provocando unha elevada, execepcional e temporal escorrentía na bacía receptora.
Por outro lado, a presión sobre as bacías, sobor de todo urbanística, reduce día a día o espazo fluvial, incrementa os riscos fronte as inundacións e menoscaba a protección medioambiental do Dominio Público Hidráulico.
A necesidade de evitar ou minimizar os efectos das inundacións levou á aprobación da Directiva Europea relativa á Avaliación e Xestión dos Riscos de Inundación (2007/60/EC, 23 Outubro de 2007). A nivel estatal, o Regulamento do Dominio Público Hidráulico (Real Decreto 849/1986, de 11 de abril), modificado polo Real Decreto (Real Decreto 9/2008, de 11 de xaneiro, que modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico), incorpora os criterios de dita Directiva no que se refire ás zonas inundables, profundizando nas medidas de xestión do risco como instrumento fundamental para mellorar a protección da poboación. Recentemente, en xullo de 2010 promulgouse o Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión dos riscos de inundación, que completa a transposición da Directiva de Inundacións iniciada co Real Decreto 9/2008.
A Dirección Xeral da Auga incorporou, no ano 2007, o Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables que está sendo precisado nas diferentes demarcacións hidrográficas. Este sistema recompilará toda a información sobre o fenómeno dipoñible en España e a completará naqueles territorios onde xa se realizaron estudos de inundabilidade, obtendo a información precisa para xestionar os espazos inundables.
O obxectivo do Sistema Nacional de Cartografía de Zonas Inundables é poñer a disposición de todas as administracións e do público en xeral, a información sobre a delimitación do Dominio Público Hidráulico e a cartografía de zonas potencialmente inundables existentes no noso país.(Enlace SNCZI).