A seca é un fenómeno extremo caracterizado por un período de tempo con valores das precipitacións inferiores aos normais na área. Asóciase coa ausencia de auga nas súas distintas facetas: falta de choiva, carencia de humidade do chan, diminución de reservas en encoros e acuíferos, etc.
Aínda que na Demarcación do Miño-Sil a precipitación media case duplica a de España, a ausencia de regulación nalgúns dos principais sistemas de abastecemento de poboación expón problemas de escaseza ante as cíclicas situacións de seca con menoscabo do réxime de caudais ambientais.
Cabe distinguir os seguintes conceptos:
Escaseza: Situación de carencia de recursos hídricos para atender as demandas de auga previstas nos respectivos plans hidrolóxicos unha vez aseguradas as restricións ambientais previas.
Escaseza Estrutural: Situación de escaseza continuada que imposibilita o cumprimento dos criterios de garantía na atención das demandas recoñecidas no correspondente plan hidrolóxico.
Escaseza Conxuntural: Situación de escaseza non continuada que aínda permitindo o cumprimento dos criterios de garantía na atención das demandas recoñecidas no correspondente plan hidrolóxico, limita temporalmente a subministración de maneira significativa.
Seca: Fenómeno natural non predicible que se produce principalmente por unha falta de precipitación que dá lugar a un descenso temporal significativo nos recursos hídricos dispoñibles (definición 62 da instrución de planificación hidrolóxica, aprobada pola Orde ARM/2656/2008, do 10 de setembro).
Seca prolongada:Seca producida por circunstancias excepcionais ou que non puideron preverse razoablemente. A identificación destas circunstancias realízase mediante o uso de indicadores relacionados coa falta de precipitación durante un período de tempo e tendo en conta aspectos como a intensidade e a duración (definición 63 da instrución de planificación hidrolóxica).
Co obxectivo de minimizar os impactos ambientais, económicos e sociais en situacións de eventual seca, o Goberno de España aprobou, o 28 de novembro de 2018, o novo Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca ( PES), mediante a publicación no BOE da Orde TEC/1399/2018, do 28 de novembro (BOE do 26 de decembro de 2018) . Este plan substitúe e derroga ao anteriormente vixente aprobado mediante Orde MAM/698/2007, do 21 de marzo.
Este Plan Especial, que inclúe a análise desta demarcación, fai fincapé na necesidade de mellorar a xestión dos recursos hídricos durante as situacións de seca prolongada e escaseza na conca.
Este novo PES, presenta as seguintes novidades con respecto ao anterior:
1º) Diferéncianse os conceptos e diagnostícanse por separado a seca prolongada (falta de precipitacións e achegas) e a escaseza conyuntural (dificultades temporais (non continuadas para a atención de demandas).
2º) A escaseza estrutural (continuadas dificultades fronte a demandas, escaseza continuada), trátase no PH
3º) En coherencia introdúcese un dobre sistema de indicadores para diagnosticar estas dúas situacións.
4º) Úsase un sistema de indicadores máis robustos calibrados e axustados tendo en conta os episodios xa acaecidos.
5º) Defínense unidades de territoriais de seca e unidades territoriais de escaseza sendo estas as unidades de diagnóstico.
6º) Quedan perfectamente acoutadas as situacións de seca prolongada, clarificando a admisión da deterioración temporal do estado dunha masa de auga.
7º) Os indicadores de escaseza conxuntural darán lugar así mesmo a medidas para mitigar o impacto da mesma sobre os usos da auga.
8º) Concrétanse cando se producen as situacións excepcionais por seca extraordinaria, esclarecendo os supostos de emprego do artigo 58 do texto refundido da Lei de Augas.
9º) Mellora na coherencia entre os PES e os Plans Hidrolóxicos aprobados.
10º) Mellora da coordinación e cooperación entre administracións.
DOCUMENTACION :
PLAN ESPECIAL EN SITUACIÓNS DE ALERTA E EVENTUAL SECA NA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL (PES).
MEMORIA E ANEXOS
ANEXO I. RÉXIME DE CAUDAIS ECOLÓXICOS MÍNIMOS EN SITUACIÓNS DE SECA PROLONGADA.
ANEXO II. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA.
ANEXO III. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA. MODELOS DE AQUATOOL.
ANEXO IV. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-1983. ÍNDICE INP.
ANEXO V. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1940-1991. ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VI. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 1991-2007. ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VII. ANÁLISE DE SECAS HISTÓRICAS. PERÍODO 2007-2017.ÍNDICE SPI 12.
ANEXO VIII. FICHAS AVALIACIÓN DOS IMPACTOS SOCIOECONÓMICOS.
ANEXO IX. PARTICIPACIÓN PÚBLICA.
ANEXO X. INFORME SOBRE As PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS.
PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS PRESENTADAS
Informe sobre as propostas, observacións e suxestións recibidas no proceso de consulta pública.
Propostas, observacións e suxestións recibidas e respostas enviadas.
AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO
PUBLICACIÓN BOE INFORME AMBIENTAL
OUTROS DOCUMENTOS