PLAN DE XESTIÓN DE RISCOS DE INUNDACIÓN 2º CICLO 2022-2027

As inundacións constitúen un risco natural que ao longo do tempo ven provocando a perda de vidas humanas e ocasionou custosos danos materiais, polo que a loita contra os seus efectos negativos non só require de solucións estruturais senón tamén doutras non estruturais como a implantación de sistemas de alerta, a corrección hidrolóxico-forestal e a correcta aplicación das medidas de ordenación do territorio.

Estas consideracións foron recollidas en normas europeas e estatais como a Directiva 2000/60/CE Marco sobre a auga, a Directiva 2007/60/CE relativa á avaliación e a xestión dos riscos de inundación e o Real Decreto 903/2010, de 15 de xullo.

O Real Decreto 903/2010, de 15 de xullo, de avaliación e xestión riscos de inundacións, establece un marco para a avaliación e xestión dos riscos de inundación, co obxecto de reducir as consecuencias adversas potenciais da inundación para a saúde humana, o medio ambiente, o patrimonio cultural, a actividade económica e as infraestruturas. Desta forma, o referido Real Decreto regula os procedementos para realizar a avaliación preliminar do risco de inundación, os mapas de perigo e risco, e os plans de xestión dos riscos de inundación en todo o territorio español.

A terceira e última fase da avaliación e xestión dos riscos de inundación consiste na elaboración e redacción do Plan de Xestión do Risco de Inundación (PXRI), e que ten que integrarse na propia planificación hidrolóxica das correspondentes Demarcacións Hidrográficas.

En virtude do exposto, procedeuse a elaborar e redactar o Plan de Xestión de Riscos de Inundación de 2º Ciclo da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, sendo este unha revisión e actualización do PGRI de 1º ciclo aprobado no ano 2016 (BOE do 22 de xaneiro de 2016). Tras someter o PXRI de 2º Ciclo á correspondente consulta pública, incorporouse ao documento as alegacións/observacións que procedían, sendo posteriormente o Plan informado favorablemente por parte do Comité de Autoridades Competentes (CAC) da Demarcación Hidrográfica con data 4 de novembro de 2021, e polo Consello Nacional de Protección Civil o 13 de setembro de 2022.

O 22 de novembro de 2022 publicouse no BOE a resolución da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental pola se formulaba a declaración ambiental estratéxica do Plan Hidrolóxico (3.er ciclo) e do Plan de Xestión do Risco de Inundación (2º ciclo) da parte española da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, procedendo á incorporación do contido da devandita declaración ao PGRI.

Posteriormente, o 29 de novembro de 2022, o pleno do Consello Nacional da Auga someteu a informe os Plans Hidrolóxicos de 3º ciclo e os Plans de Xestión do Risco de Inundación de 2º ciclo, incluído o da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil. O PXRI da D.H. Miño-Sil obtivo un resultado de 78 fotos a favor e 9 abstencións.

Finalmente, con data 18 de xaneiro de 2023, publícase o Real Decreto 26/2023, de 17 de xaneiero, polo que se aproba a revisión e actualización dos plans de xestión do risco de inundación das demarcacións hidrográficas do Cantábrico Occidental, Guadalquivir, Segura, Júcar e da parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana, Ebro, Ceuta e Melilla.

Acceso a documentación da versión do PGRI de 2º Ciclo:

PLAN DE XESTIÓN DO RISCO DE INUNDACIÓN DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL DO 2º CICLO.

MEMORIA

ANEXOS

ANEXO Nº 1 - Caracterización das ARPSIs
Anexo 1 - Apéndice 1: Metodoloxía aplicada para o cálculo da influencia probable do cambio climático no risco de inundación fluvial e pluvial
Anexo 1 - Apéndice 2: Mapas de risco

ANEXO Nº 2 - Descripción do programa de medidas
Anexo 2 - Apéndice 1: Fichas de medidas de ámbito ARPSI incluidas no Plan
Anexo 2 - Apéndice 2: Resumen do inventario de infraestructuras con insuficiente drenaxe e priorización de necesidades de actuación
Anexo 2 - Apéndice 3: Resumen do inventario de obras lonxitudinais de protección frente a inundacións

ANEXO Nº3 – Xustificación das medidas estructurais do Plan

ANEXO Nº 4 – Resumo dos procesos de participación, información pública e consultas e os resultados.

ANEXO Nº 5 – Medidas específicas de coordinación ca parte internacional da Demarcación Hidrográfica
Anexo 5 - Apéndice 1: Acta da XXI reunión plenaria da CADC y programa de traballos conxunto
Anexo 5- Apéndice 2: Borrador de protocolo para o intercambio de información sobre datos hidrometeorolóxicos para o manexo de situacións extremas baixo o convenio da Albufeira

ANEXO Nº 6 - Listado de autoridades competentes

ENLACES A FASES PREVIAS PGRI 2º CICLO:

FASE I: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DA EVALUACIÓN PRELIMINAR DE RISCOS DE INUNDACIÓN (EPRI) 2º CICLO, DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL.

FASE II: REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DOS MAPAS DE PELIGROSIDADE E RISCO DE INUNDACIÓN (MAPRI) 2º CICLO, DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL.

ENLACES A PGRI DE 1º CICLO E AS SUAS FASES PREVIAS:

1. PLAN DE XESTIÓN DO RISCO DE INUNDACIÓN DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL 1º CICLO 2016-2021

2. FASE I: EVALUACIÓN PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓN

3. FASE II: MAPAS DE PELIGROSIDADE E RISCO DE INUNDACIÓN E DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO DAS ZONAS INUNDABLES

DUDAS, COMENTARIOS E SUXERENCIAS.

Co obxetivo de facilitar o contacto ca Confederación Hidrográfica do Miño-Sil dos interesados no proceso de evaluación e xestión dos riscos de inundación, regulada pola Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a dirección electrónica seguinte:

mapas_zonas_inundables@chminosil.es

Proyecto RISC_PLUS Proyecto RISC_PLUS

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

  Proyecto Fronteira Esquecida Proyecto Froteira Esquecida

Proyecto POCTEP Albufeira Proyecto POCTEP Albufeira

Logo Plan Resiliencia

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.