A Lei 11/2005, do 22 de Xuño, pola que se modifica a Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, engade un novo apartado 5 no artigo 46 do Texto Refundido da Lei de Augas, coa seguinte redacción:
"5. Con carácter previo á declaración do interese xeral dunha obra hidráulica, deberá elaborarse un informe que xustifique a súa viabilidade económica, técnica, social e ambiental, incluíndo un estudo específico sobre a recuperación dos custos. Elaborarase o mesmo informe con carácter previo á execución das obras de interese xeral previstas nos apartados 1, 2 e 3.
En ambos os dous supostos, os informes deberán ser revisados cada seis anos no caso de que as obras non se tivesen levado a cabo. Os informes e as súas revisións periódicas faranse públicos".
En cumprimento desta normativa, publícanse os informes correspondente a esta Demarcación Hidrográfica.