Saúda do Presidente

Gustaríame darche a benvida ao portal web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, un espazo dinámico no que poderás atopar información acerca deste Organismo de conca, cal é o noso labor e en que accións e proxectos estamos a traballar.

Convídoche, por tanto, a que consultes esta web a través da que, de forma sinxela e intuitiva, poderás resolver as túas dúbidas e preguntas; aínda que, para calquera aclaración adicional, non dubides en contactar connosco vía e-mail – contacto@chminosil.es – ou en calquera dos teléfonos que aparecen no portal- https://www.chminosil.es/es/chms/informacion-de- interes/contactar/directorio –

Tamén, a través desta xanela aberta ao exterior quero transmitirche que, desde o meu nomeamento como presidente, o aceno de identidade na xestión da CHMS propúxenme que sexa a transparencia e a empatía co cidadán, sobre todo porque creo no Servizo Público e porque estou seguro de que só baixo estas premisas conseguiremos os obxectivos marcados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica do cal dependemos.

Por último quero compartir unha reflexión sobre a auga como recurso imprescindible para a vida, que a nós ocúpanos como Organismo de conca, responsables da súa calidade e cantidade, e que tamén nos preocupa como cidadáns:
“Se usamos a auga con responsabilidade estaremos a respectar o medio ambiente e camiñaremos cara a un futuro máis sustentable. Desde a CHMS solicitamos a túa colaboración a través deste portal web e, pola nosa banda, comprometémonos a fomentar nos máis pequenos o respecto e coidado polas nosas canles fluviais a través do deseño de programas adaptados ás distintas etapas de aprendizaxe, porque eles son o futuro e porque serán os perceptores finais dunha herdanza ambiental mellor…”

Moitas grazas polo teu interese.

José Antonio Quiroga Díaz

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.