Demarcación

No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".

Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".

En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.

Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.

Ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.