Normativa

Neste apartado preténdese recoller o conxunto de normas relacionadas co exercicio das competencias atribuídas á CHMS, tanto as sectoriais, en materia de auga e medioambientais, como aquelas de carácter xeral, de aplicación horizontal a todos os órganos e entes que configuran a Administración Xeral do Estado.

NormativaPara facilitar a súa consulta, as normas sustantivas agrúpanse en distintos apartados en función do seu ámbito territorial (internacional, comunitario, estatal) e, subdivididas por materias. Asemade, recóllese a normativa orgánica, de distribución competencial, do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

A mesma clasificación por materias aplícase á normativa que, por ser de carácter xeral, debe terse en conta na actuación deste Organismo de bacía, dividida en once apartados.

Deste xeito, preténdese a consecución de dous obxectivos:

  • Poñer a disposición do persoal desta administración hídrica unha ferramenta axil e práctica para a consulta das disposicións que a diario ten que empregar no desenvolvemento das súas funciónse,
  • Facilitar á cidadanía o acceso as memas normas e ao exercizo dos seus dereitos ante esta Confederación Hidrográfica.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.