PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN ESPECIAL DE ACTUACIÓN EN SITUACIÓNS DE ALERTA E EVENTUAL SECA DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL (CONSULTA PÚBLICA)

De acordo coa Resolución da Dirección Xeral da auga, do 18 de decembro de 2017, (BOE do 21 de decembro de 2017) iníciase o período de consulta e información pública durante tres meses (a contar desde o día seguinte á publicación da precitada resolución) ata o 22 de marzo de 2018, da proposta de proxecto de revisión do plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do documento ambiental estratéxico referente ao proceso de avaliación ambiental estratéxica asociado ao mesmo (Artigo 29 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental).

Durante o citado prazo, poderanse formular as oportunas propostas, observacións e suxestións dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

Os documentos que conforman o proxecto do novo plan especial de actuación en situacións de alerta e eventual seca e o seu documento ambiental estratéxico ( DAE, Artigo 29 da Lei 21/2013), pódense consultar nas seguintes ligazóns:

PROXECTO DE REVISIÓN DO PLAN ESPECIAL DE ACTUACIÓN EN SITUACIÓNS DE ALERTA E EVENTUAL SECA DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL.

ANEXO I. CAUDAIS MÍNIMOS EN SITUACIÓNS DE SECA PROLONGADA.
ANEXO II. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA.
ANEXO III. LISTAXE DE UNIDADES DE DEMANDA. MODELOS SIMGES.
ANEXO IV. FICHAS ANÁLISE SECAS HISTÓRICAS PERÍODO 1940-1983. INP.
ANEXO V. FICHAS ANÁLISE SECAS HISTÓRICAS PERÍODO 1983-1991. SPI.
ANEXO VI. FICHAS ANÁLISE SECAS HISTÓRICAS PERÍODO 1991-2007. SPI.
ANEXO VII. FICHAS SOBRE A AVALIACIÓN DOS IMPACTOS SOCIOECONÓMICOS DA ESCASEZA CONXUNTURAL.
ANEXO VIII. FICHAS ANÁLISE SECAS HISTÓRICAS PERÍODO 2007-2017. SPI.

DOCUMENTO AMBIENTAL ESTRATÉXICO

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.