A auga atópase na natureza en diversas formas, pero non todas son utilizables polo ser humano.
O recurso hídrico consumible é a auga continental doce, tanto superficial, de ríos e lagos, como subterránea. A utilidade desta auga inclúe aos sectores agrícola, industrial, recreativo, de consumo humano e de actividades ambientais.
O 97,5% da auga na terra é auga salgada, o que deixa só o 2,5% de auga doce, das que máis de dous terzos está conxelada nos glaciares e casquetes polares.
O resto da auga doce atópase principalmente nas augas subterráneas, con só unha pequena fracción na actualidade por enriba do chan o do aire.
Inventario dos Recursos Hídricos Naturais (PDF-10.57MB)
Fenómenos Extremos