Plan Hidrolóxico 2016-2021. (Versión Consello da Auga)

De acordo coa Resolución da Dirección Xeral da auga, de 29 de decembro de 2014 (BOE de 30 de decembro de 2014) iniciouse o período de consulta pública durante seis meses (a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio) até o 30 de xuño de 2015, da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2016-2021) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20 e 21 Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental), en cumprimento dos artigos 74 e 80 do Real Decreto 907/2007, de 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Planificación Hidrolóxica.

Tras o citado período de consulta pública da proposta de proxecto de revisión de plan hidrolóxico (ciclo de planificación hidrolóxica 2016-2021) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e o seu Estudo Ambiental Estratéxico asociado (artigos 20 e 21 Lei 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental), e tras a avaliación das propostas, observacións e suxestións presentadas, exponse os documentos que conforman o citado proxecto do novo plan hidrolóxico do ciclo 2016-2021, e o seu Estudo Ambiental Estratéxico (EAE), consolidados:

PLAN HIDROLÓXICO DA PARTE ESPAÑOLA DA DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL, 2016-2021.

PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS PRESENTADAS.

AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA 2016-2021.

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.