Funcións

As confederacións hidrográficas están concibidas pola Lei de Augas (artigo 19 e posteriores) como os Organismos responsables da Administración Hidráulica das concas intercomunitarias. O artigo 21 da Lei de Augas establece como funcións dos Organismos de bacía:

  • FuncionesA elaboración do Plan Hidrolóxico de bacía, así como o seu seguemento e revisión.
  • A administración e control do Dominio Público Hidráulico.
  • A administración e control dos aproveitamentos de interese xeral ou que afecten a máis dunha Comunidade Autónoma.
  • O proxecto, a construcción e explotación das obras realizadas con cargo ós fondos propios do Organismo, e as que lles sexan encomendadas polo Estado.
  • As que se deriven dos convenios con comunidades autónomas, corporacións locais e outras entidades públicas ou privadas, ou dos subscritos cos particulares.

Se ben, coa aprobación do Real Decreto 266/2008, e ao modificarse a CHN quedando dividida nas Confederacións Hidrográficas do Miño-Sil e do Cantábrico, as funcións de cada unha quedan recollidas no seu artigo 1 do seguinte modo:

  • A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil exercerá as funcións atribuídas á Confederación Hidrográfica do Norte no ámbito territorial da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, á que se refire o artígo 3.1 do Real Decreto 125/2007, de 2 de febrero, polo que se fixa o ámbito das demarcacións hidrográficas.
  • A Confederación Hidrográfica do Cantábrico exercerá as funcións atribuídas á Confederación Hidrográfica do Norte no ámbito territorial da súa demarcación hidrográfica, á que se refire o artigo 3.1 do Real Decreto 125/2007, de 2 de febrero polo que se fixa o ámbito das demarcacións hidrográficas.

 

Saúda do Presidente

Gustaríame darche a benvida ao portal web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, un espazo dinámico no que poderás atopar información acerca deste Organismo de conca, cal é o noso labor e en que accións e proxectos estamos a traballar.

Convídoche, por tanto, a que consultes esta web a través da que, de forma sinxela e intuitiva, poderás resolver as túas dúbidas e preguntas; aínda que, para calquera aclaración adicional, non dubides en contactar connosco vía e-mail – contacto@chminosil.es – ou en calquera dos teléfonos que aparecen no portal- https://www.chminosil.es/es/chms/informacion-de- interes/contactar/directorio –

Tamén, a través desta xanela aberta ao exterior quero transmitirche que, desde o meu nomeamento como presidente, o aceno de identidade na xestión da CHMS propúxenme que sexa a transparencia e a empatía co cidadán, sobre todo porque creo no Servizo Público e porque estou seguro de que só baixo estas premisas conseguiremos os obxectivos marcados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica do cal dependemos.

Por último quero compartir unha reflexión sobre a auga como recurso imprescindible para a vida, que a nós ocúpanos como Organismo de conca, responsables da súa calidade e cantidade, e que tamén nos preocupa como cidadáns:
“Se usamos a auga con responsabilidade estaremos a respectar o medio ambiente e camiñaremos cara a un futuro máis sustentable. Desde a CHMS solicitamos a túa colaboración a través deste portal web e, pola nosa banda, comprometémonos a fomentar nos máis pequenos o respecto e coidado polas nosas canles fluviais a través do deseño de programas adaptados ás distintas etapas de aprendizaxe, porque eles son o futuro e porque serán os perceptores finais dunha herdanza ambiental mellor…”

Moitas grazas polo teu interese.

José Antonio Quiroga Díaz

Galería

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.