Laboratorio

LaboratorioO Laboratorio de análise das augas da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, situado en Ourense, entrou en servizo no ano 1990 e ten asignados os controis analíticos de calidade das augas e vertidos no eido xeográfico do Plan Hidrolóxico Norte I.

Por outra parte, realiza actuacións relacionadas coa clasificación dos laboratorios das empresas colaboradoras e dirixe e/ou colabora en todos os estudos, contratos e actuacións relacionadas co control da calidade das augas.

Algúns dos procedementos cos que se traballa neste laboratorio son:

  • Espectrometría Masas-ICP
  • Espectrofotometría de ICP
  • Espectrofotometría de Absorción Atómica
  • Cromatografía de Gases-Espectrofotometría de Masas (CG/MS)
  • Cromatografía líquida HPLC
  • Cromatografía de Gases ECD
  • Cromatográfica lónica

Ademais, está acreditado pola Entidade Nacional de Acreditación, conforme aos criterios recollidos na Norma UNE-EN ISO/IEC 17025:2000 (CGA-ENAC-LEC).

O alcance da acreditación actual (PDF-91KB) está publicado na páxina web da Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

 

Recursos Hídricos

A auga atópase na natureza en diversas formas, pero non todas son utilizables polo ser humano.

LluviaO recurso hídrico consumible é a auga continental doce, tanto superficial, de ríos e lagos, como subterránea. A utilidade desta auga inclúe aos sectores agrícola, industrial, recreativo, de consumo humano e de actividades ambientais.

O 97,5% da auga na terra é auga salgada, o que deixa só o 2,5% de auga doce, das que máis de dous terzos está conxelada nos glaciares e casquetes polares.

O resto da auga doce atópase principalmente nas augas subterráneas, con só unha pequena fracción na actualidade por enriba do chan o do aire.

 

 

Inventario dos Recursos Hídricos Naturais (PDF-10.57MB)

Parte Hidrolóxico Semanal

Estado dos Encoros

Histórico de Encoros

Recursos Hídricos Anuais

Fenómenos Extremos

Secas

Inundacións

Risco de Inundación na bacía

Informe Hirlam

Participación Activa

A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil puxo en marcha un plan de participación pública que trata de garantir a presenza no proceso de planificación de todas as partes implicadas que poidan sentirse aludidas ou afectadas polos aspectos claves identificados, xa sexan administracións públicas, axentes económicos ou representantes do tecido social.

Participación activa¿Quen pode participar?

Como a auga é un asunto público que nos concierne a todos, o proceso de participación pública está aberto a todos os actores sociais: traballadores, empresarios, agricultores, ecoloxistas, afectados polas infraestrutas hidráulicas, cidadáns organizados... O obxectivo é que toda a cidadanía participe no proceso de planificación hidrolóxica e se responsabilice do resultado.

¿Como participar?

Os interesados poden participar asistindo ás Xornadas Participaticas ou as Mesas Sectoriais que convoca a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.

¿Por que é importante a súa participación?

A participación dos interesados axuda a enriquecer o novo Plan Hidrolóxico e garantir que as decisións que se adopten teñan en conta as opinións e as experiencias da sociedade.

Este Organismo de bacía estableceu, respecto ao proceso de participación pública, os seguintes obxectivos:

  • Intercambiar información e coñecementos coa cidadanía, o que permite coñecer as necesidades, puntos de vista e percepcións das partes interesadas e realizar unha mellor diagnose das necesidades da sociedade.
  • Acadar solucións satisfactorias, a longo prazo, na xestión da bacía, anticipándonos a posibles conflictos ou problemas de xestión.
  • Incrementar o coñecemento dos cidadáns sobre temas relacionados coa xestión da auga, logrando o compromiso da sociedade na xestión sostible da auga.
  • Establecer medios de comunicación permanentes entre a administración e os administrados.
  • Educar e sensibilizar á cidadanía sobre os temas relacionados coa xestión dos recursos hídricos. A participación activa proporciona oportunidades para o aprendizaxe e para exercer a responsabilidade ambiental.

Participación Pública

Participación públicaA Confederación Hidrográfica do Miño - Sil puxo en marcha un plan de participación pública que trata de garantir a presenza no proceso de planificación de todas as partes implicadas que poidan sentirse aludidas ou afectadas polos aspectos claves identificados, xa sexan administracións públicas, axentes económicos ou representantes do tecido social.

¿Quen pode participar?

Como a auga é un asunto público que nos concierne a todos, o proceso de participación pública está aberto a todos os actores sociais: traballadores, empresarios, agricultores, ecoloxistas, afectados polas infraestrutas hidráulicas, cidadáns organizados... O obxectivo é que toda a cidadanía participe no proceso de planificación hidrolóxica e se responsabilice do resultado.

¿Como participar?

Os interesados poden participar asistindo ás Xornadas Participaticas ou as Mesas Sectoriais que convoca a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.

¿Por que é importante a súa participación?

A participación dos interesados axuda a enriquecer o novo Plan Hidrolóxico e garantir que as decisións que se adopten teñan en conta as opinións e as experiencias da sociedade.

Este Organismo de bacía estableceu, respecto ao proceso de participación pública, os seguintes obxectivos:

  • Intercambiar información e coñecementos coa cidadanía, o que permite coñecer as necesidades, puntos de vista e percepcións das partes interesadas e realizar unha mellor diagnose das necesidades da sociedade.
  • Acadar solucións satisfactorias, a longo prazo, na xestión da bacía, anticipándonos a posibles conflictos ou problemas de xestión.
  • Incrementar o coñecemento dos cidadáns sobre temas relacionados coa xestión da auga, logrando o compromiso da sociedade na xestión sostible da auga.
  • Establecer medios de comunicación permanentes entre a administración e os administrados.
  • Educar e sensibilizar á cidadanía sobre os temas relacionados coa xestión dos recursos hídricos. A participación activa proporciona oportunidades para o aprendizaxe e para exercer a responsabilidade ambiental.

Xeoloxía

Mapa Litológico CH Miño-Sil

Mapa litolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Descargar imaxe

A bacía Miño-Sil aséntase sobre terreos hercínicos do Macizo Hespérico, é por iso que a maior parte dos seus afloramentos corresponden a formacións precámbricas, paleozoicas e cristalinas.

Concretamente, sitúase entre dúas zonas do Macizo Ibérico: o Macizo Galaico-Portugués e, en menor medida, na zona Asturoccidental - Leonesa.

No referente a grupos litolóxicos, son maioritarios os materiais metamórficos, seguidos polos de orixe ígnea. Sobre estes materiais sitúanse, tamén, algúns recubrimentos detríticos.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.