Órgano de Participación e Planificación

Consello da Auga da Demarcación

O artigo 3.5 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, crea o Consello da Auga das demarcacións hidrográficas de concas intercomunitarias co obxectivo de fomentar a información, consulta pública e participación activa na planificación hidrolóxica. Pola súa banda, o Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro, establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

As funcións que corresponden ao devandito Consello son:

  • Promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.
  • Elevar ao Goberno, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o Plan Hidrolóxico da demarcación e as súas ulteriores revisións.
  • Informar as cuestións de interese xeral para a demarcación.
  • Informar as cuestións relativas á protección das augas e á mellor ordenación, explotación e tutela do dominio público hidráulico ou as que lle sexan encomendadas polo Presidente ou a Xunta de Goberno do Organismo de conca

Composición:

O Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituído por un Presidente, dous Vicepresidentes, un Secretario e os Vogais que se concretan no artigo 5 do mencionado Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro.

Será Presidente do Consello da Auga o do Organismo de conca. A Vicepresidencia Primeira corresponderá ao vogal que resulte elixido por e entre os que representen ás Comunidades Autónomas. A Vicepresidencia Segunda recaerá sobre o vogal que resulte elixido por e entre os vocais representantes dos usuarios. Como Secretario do Consello, con voz pero sen voto, actuará o Secretario Xeral do Organismo de conca.

 

 

 

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.