O Programa de Medidas é o plan de actuación que debe de porse en marcha para alcanzar o bo estado das masas de auga das concas Miño - Sil e Limia.
O Plan Hidrolóxico 2015-2021 [Real Decreto 1/2016, de 8 de xaneiro, polo que se aproba a revisión dos Plans Hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas do Guadalquivir, Ceuta, Melilla, Segura, Júcar e Cantábrico Occidental, e da parte española das demarcacións hidrográficas do Miño-Sil, Douro, Tajo, Guadiana, Ebro e Cantábrico Oriental] recolle un Programa de Medidas que prioriza aquelas actuacións a realizar sobre as masas de auga que se atopen en mal estado co fin de cumprir os obxectivos ambientais propostos e alcanzar o bo estado ou potencial nos prazos previstos, tendo en conta os criterios de racionalidade económica e sustentabilidade
O maior número de medidas destínanse a saneamento con 156 medidas (31%), seguido polas destinadas á xestión de espazos pertencentes á Rede Natura 2000, 136 medidas (27%), e abastecemento con 77 medidas (16%). O Programa de Medidas recolle un total de 496 medidas cun investimento total de 426.191.046,99 €.
Son as medidas básicas o grupo máis importante do plan, un total de 289 medidas, ou o que é o mesmo, o 58,27 % das medidas. Estas medidas compleméntanse con 207 medidas complementarias.
O plan de medidas realizado para o primeiro ciclo de planificación hidrológica (2009-2015) compúñase de 1.112 medidas cun orzamento inicial de 988.880.626,46 euros. Delas 802 executáronse, 106 están en execución e 204 desestimáronse:
Resumo das tipoloxías incluidas no Programa de Medidas do Plan Hidrolóxico 2015-2021
Tipoloxía |
Número de medidas |
Custo |
Abastecemento |
76 |
32.483.081,20 € |
Abastecimento e Administrativas |
1 |
1.000,00 € |
Administrativas |
76 |
56.243.676,15 € |
Xestión de inundacións |
8 |
40.435.692,95 € |
Xestión de inundacións e Restauración |
1 |
1.200.000,00 € |
Xestión de Red Natura 2000 |
136 |
- |
Mellora de regadío |
3 |
41.621.087,67 € |
Restauración |
19 |
24.846.338,54 € |
Saneamento |
156 |
224.998.148,18 € |
Saneamento e Abastecemento |
20 |
4.362.022,29 € |
TOTALES |
496 |
426.191.046,99 € |
Principais Actuacións
Abastecemiento
Medidas referentes a Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAPs); depósitos e bombeo; Mellora das redes abastecemento; actuacións en presas e azudes; mellora de captacións e conducións en alta.
Saneamento e depuración
Actuacións en estacións depuradoras de augas residuais (EDARs); colectores; mellora das redes de saneamento.
Modernización de regadíos
Financiamento de sistemas con menor consumo de auga; melloras de canles e acequias; medidas de regulación e concesións.
Xestión de inundacións
Sistema de Alerta Temperá; plans de Prevención; actuacións en presas, canles e motas de defensa.
Restauración
Restauración de canles; recuperación de ribeiras; restauración Zonas Húmidas.
Medidas Administrativas
Redes de control das augas (SAIH-SAICA); recuperación de custos e actualización de tarifas; normativa e regulación de usos; elaboración de códigos de boas prácticas; campañas de sensibilización e educación ambiental.
CAPÍTULO XII: PROGRAMA DE MEDIDAS. (PDF-66MB)
El Plan Especial ante situaciones de alerta y eventual sequía (P.E.S.) fue aprobado por la Orden MAM/698/2007, de 21 de marzo [
91 Kb] .
Entre sus objetivos se encuentra el de minimizar los impactos ambientales, económicos y sociales en situaciones de eventual sequía, así como mejorar la gestión del recurso hídrico durante las situaciones de escasez en la cuenca.
A seca é un fenómeno extremo cuxos límites xeográficos e temporais son difíciles de determinar, puidendo converterse nun desastre natural cando non existe capacidade de xestión dos recursos hídricos.
Supón unha anomalía transitoria, máis ou menos prolongada, caracterizada por un periodo de tempo con valores de precipitacións inferiores ás normais na área. A causa inicial de toda seca é a escasez de precipitacións (secas meteorolóxica)o que deriva nunha insuficiencia de recursos hídricos (seca hidrolóxica) precisos para abastecer a demanda existente.
Enténdese por inundación o anegamento dun terreo. Fenómeno que pode producirse por fortes ou prolongadas precipitacións ou por o desxeo.
En relación a posibles avenidas é preciso ter en conta a acción descontrolada do home, en canto a presión crecente sobre as concas, sobre todo urbanística, reduce día a día o espazo fluvial, incrementando os riscos de posibles inundacións.
A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil puxo en marcha un plan de participación pública que trata de garantir a presenza no proceso de planificación de todas as partes implicadas que poidan sentirse aludidas ou afectadas polos aspectos claves identificados, xa sexan administracións públicas, axentes económicos ou representantes do tecido social.
¿Quen pode participar?
Como a auga é un asunto público que nos concierne a todos, o proceso de participación pública está aberto a todos os actores sociais: traballadores, empresarios, agricultores, ecoloxistas, afectados polas infraestrutas hidráulicas, cidadáns organizados... O obxectivo é que toda a cidadanía participe no proceso de planificación hidrolóxica e se responsabilice do resultado.
¿Como participar?
Os interesados poden participar asistindo ás Xornadas Participaticas ou as Mesas Sectoriais que convoca a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.
¿Por que é importante a súa participación?
A participación dos interesados axuda a enriquecer o novo Plan Hidrolóxico e garantir que as decisións que se adopten teñan en conta as opinións e as experiencias da sociedade.
Este Organismo de bacía estableceu, respecto ao proceso de participación pública, os seguintes obxectivos: