Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Colectores xenerais do río Miño en Lugo. Tramo: N-VI - EDAR

Descrición e datos técnicos
Situación
Lugo. Lugo
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
Finalizada
Orzamento
8.972.203,76 euros
Financiamento
85% Fondo de Cohesión, 15% Augas de Galicia (Xunta de Galicia)
Prazo
35 meses
Obxectivo

O obxectivo da actuación foi construír unha nova infraestrutura de saneamento para servir a unha poboación de 50.000 habitantes que permite á cidade de Lugo cumprir coa directiva 91/271 sobre o tratamento das augas urbanas.
Esta actuación constitúe unha das catro actuacións de colectores en que se estruturou a "Mellora do saneamento de Lugo", obra declarada de interese xeral de Estado pola Lei 22/1997 do 8 de Xullo.

Descrición

As obras do proxecto dos "Colectores xenerais do río Miño en Lugo. Tramo: N-VI - EDAR" consistiron na execución dun interceptor xeral de poliéster reforzado con fibra de vidro, de 2.324,33 m de lonxitude e diámetro 1.600 mm, que recollerá os caudais dos colectores xerais do Chanca e do Miño (tramo N-VI). Ademais executáronse sete (7) colectores secundarios, cinco (5) arquetas de control e un (1) aliviadoiro de tormentas.

Para o acceso á infraestrutura na fase de explotación construíronse un total de sete edificios de explotación, cinco situados nos pozos de entrada e saída de fíncalas e os dous restantes na arqueta de cabeceira do colector e no estanque de tormentas que regula o caudal de pluviais da conca do regueiro San Mamede.

Características Tanques de Tormenta de San Mamede:

  • Volume de retención: 450 m3
  • Elemento regulador de caudal a EDAR: Válvula vortex
  • Qmáximo entrada aliviadoiro: 1.425 (l/s)
  • Tipo Tamiz: Rotor Qmáx= 1.425 (l/s)

Nesta actuación construíronse un tanque de tormenta cunha capacidade de retención de 450 metros cúbicos, equipado cunha válvula vortex como elemento regulador de caudal, un tamiz de rotor para evitar a saída de flotantes durante as descargas do sistema a canle receptora nos episodios de choivas intensas.

30/05/2008 Recepción das obras
30/12/2007 Final das obras
21/01/2005 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.