As obras comprenden os seguintes elementos:
PRETRATAMIENTO
Pozo de grosos e bombeo de auga bruta
Hanse repararado as gretas existentes no formigón estrutural e non estrutural mediante morteiro reforzado con fibras, moi resistente a sulfatos, realizando previamente traballos de limpeza e preparación da superficie para tratar. Ademais executouse un trade de diámetro 400 mm. para a conexión coa arqueta de recollida de cubas.
Substituíuse a cesta existente no pozo de bombas por unha reixa de limpeza automática de paso 50 mm. no interior do pozo de grosos, previo ao colector de saída. No pozo de bombeo de auga bruta substituíronse as seis bombas existentes por outras novas de rodete resistente á abrasión por areas, equipadas con variadores de frecuencia.
Desarenador-desengrasador
Deséñase un novo desarenador-desengrasador dimensionado para o caudal máximo de entrada a planta.
TRATAMENTO SECUNDARIO
Cámara anaerobia
Adecuouse o antigo decantador lamelar como cámara anaerobia previa ao reactor biolóxico para incrementar a eliminación biolóxica de nutrientes. Esta adecuación inclúe a retirada dos equipos do decantador lamelar, demolición dos muros e canles interiores e reparación de fisuras e danos en paramentos, a execución de trades para conexión de novas conducións de entrada e saída ao depósito e o equipamento da cámara cun axitador para evitar a sedimentación do lodo. Ademais substitúese a escaleira de acceso ao desarenador-desengrasador.
Reactor biolóxico
Realizouse unha limpeza do interior do reactor biolóxico existente, ademais da reparación de superficies e a renovación de equipos (substitución do sistema de aireación actual por un sistema de turbo soplantes e difusores de burbulla fina, distribuídos en dúas grellas).
TRATAMENTO DE LODOS
Espesador de lodos
Incrementouse a capacidade de espesado de lodos mediante a retirada do espesador existente e a instalación de dous novos espesadores por gravidade en aceiro inoxidable AISI-316L, de 5 m. de diámetro interior e 75 m3 de capacidade.
ARQUETA DE RECOLLIDA DE CUBAS
Demoleuse a cámara de recollida de verteduras de cubas existente e executouse unha nova xunto ao pozo de grosos, conectada directamente co devandito pozo mediante unha tubaxe de PVC corrugado DN400.
REDE DE TUBAXES
Realizáronse as conducións de conexión entre o sistema de pretratamiento e o sistema biolóxico, incluíndo a nova cámara anaerobia. Mantívose unha entrada diferenciada para a cámara e o reactor, de forma que poida derivarse o tratamento da cámara anaerobia en caso necesario. Prolongouse a condución de recirculación externa de forma que conecte o decantador secundario tanto co reactor biolóxico como coa cámara anaerobia.
Ademais executouse o desvío e reposición das conducións que ven afectadas polo novo desarenador. A liña de Bypass proxéctase en tubaxe de formigón armado C-180 DN600, o resto da liña de auga deséñase en tubaxe de aceiro inoxidable AISI-316L. Para a liña de lodos previuse tubaxe de aceiro inoxidable AISI-316L nos tramos aéreos e PEAD en tramo enterrado para as flotantes do decantador. A liña de baleirados executouse mediante tubaxe de aceiro inoxidable AISI-316L nos tramos aéreos e PVC corrugado nos tramos enterrados.
EDIFICIO DE PROCESO
Executouse un novo edificio de proceso para albergar as soplantes do biolóxico, os cadros eléctricos e o grupo electrógeno de emerxencia. A sala de soplantes ten unhas dimensións interiores de 7,65 x 7,90 m. e a sala de cadros 3,75 x 8,00 m.
URBANIZACIÓN
Executáronse obras de urbanización e adecuación da parcela tras as obras, cun novo viario de pavimento asfáltico, beirarrúas,...etc.