Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Obras do proxecto de acondicionamento, acceso e uso público das fervenzas de Tourón no río Cerves, T.M. de Melón (Ourense)

Descrición e datos técnicos
Situación
Melón. Ourense
Tipo
Acondicionamento fluvial
Estado
Finalizada
Orzamento
349.661 euros
Financiamento
80% Fondos FEDER, 20% Confederación Hidrográfica del Miño-Sil
Prazo
6 meses
Obxectivo

A actuación ten como obxectivo adecuar para uso público o ámbito das "Fervenzas do Tourón" e, á súa vez, realzar o bo estado ecolóxico da zona potenciando os seus valores ambientais.

Descrición

A obra consistiu na construción dun sendeiro peonil autoguiado pola marxe esquerda do río Cerves dende a ponte Das mestas ata a aldea do Tourón, que supón unha lonxitude aproximada de 1.100 m., dando así mesmo continuidade ao existente realizado polo Concello de Melón.

O sendeiro combina catro seccións tipo:

  • Acondicionamento da senda existente mediante roza, drenaxe e melloras puntuais do firme
  • Construción dunha senda nova con ramplas e chanzos de 1,5 m de ancho con murete de cachotaría
  • Construción dunha senda nova a media aba de 1,5 m de ancho con murete de cachotaría
  • Construción dun sendeiro con escaleiras de madeira. Neste percorrido executáronse ademais dous miradoiros panorámicos e instalouse sinalización interpretativa, de regulación de accesos e de advertencia de perigo.

Mediante este sendeiro, accédese á terceira e cuarta fervenza e para cruzar á beira oposta construíuse unha pasarela peonil metálica co piso de Tramex, de 14,30 m. de luz e 1,50 m. de ancho.

Construíuse ademais un miradoiro con estrutura metálica e piso de Tramex de 20 m2, situado a uns 40 m. augas abaixo da citada pasarela. Deste modo, preténdese facilitar un punto de observación seguro e atractivo que contribúe a reducir os movementos perigosos pola zona en combinación con sinalización de advertencia e peches de madeira.

Por último acondicionouse a pista forestal que accede dende a estrada de Tourón ata a fervenza. Este consistiu na drenaxe dos puntos máis conflitivos coa execución de cunetas e pasos de auga transversais, elimináronse as rochas e regularizouse con zahorra en firme nas súas zonas máis irregulares.

15/09/2011 Recepción das obras
02/09/2011 Final das obras
05/04/2011 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.