Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Mellora do saneamento e EDAR de San Cibrao das Viñas

Descrición e datos técnicos
Situación
San Cibrao das Viñas. Ourense
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
En execución
Orzamento
3.500.000 euros
Financiamento
80% Fondos FEDER, 20% Augas de Galicia
Prazo
18 meses
Obxectivo

• Melloras na E.D.A.R., tanto do pretratamento coma da capacidade de resposta fronte a verteduras de carácter industrial
• Melloras na rede de saneamento en concreto de conexións de redes separativas no Sector C e no polígono de San Cibrao e construción dun tanque de tormentas na estrada de Reboredo

Descrición

As actuacións que se contemplaron son:

  • Tanque de tormentas
  • Desarenador na zona denominada Sector C
  • Desarenador en zona denominada polígono de San Cibrao II
  • Modificación de condución na zona do campo de futbol
  • Selado de pozo de rexistro existente na zona de Barreiros
  • Melloras na E.D.A.R. existente

Tanque de tormentas

Trátase dunha estrutura de retención das augas procedentes da rede, que se sitúa na zona de aparcadoiro próxima ao lugar de Reboredo.

O volume de almacenamento da estrutura son 2.000 m³, e as súas dimensións interiores son 75 m. de longo e 14,50 m. de ancho, cunha altura variable entre os 4,40 e o 2,70 m.

O sistema de execución indicado para a estrutura, debido ás características geotécnicas dos chans, é mediante muros pantalla de 11 e 12 m. de profundidade.

O baleirado do tanque é por gravidade, e a saída do mesmo cara ao tramo augas abaixo da rede está regulado mediante unha válvula de flotador, fixándose o caudal máximo de saída en 162 l/s.

A limpeza do tanque levouse a cabo mediante un sistema sen carga de 8 liñas, coas súas correspondentes canles de limpeza e pendentes de fondo.

O alivio do tanque de tormentas realizouse a través dunha xanela de 12 m. de longo e 40 cm. de altura situada no tanque, equipada con tamices de limpeza automática para minimizar o impacto dos posibles alivios no medio receptor.

A condución de alivio do tanque executouse en PRFV ø1200 mm. e a súa lonxitude é de 379 m. ata a súa conexión ao regacho existente no lugar de Reboredo.

Sector C

Executouse un tanque de desarenado para a rede de augas pluviais que anteriormente se unía ao colector existente no parque situado no sector C, desconectándoas do sistema xeral de saneamento.

Dita estrutura ten unhas dimensións exteriores de 10,20 x 5,90 m. e unha profundidade de 5,75 m. na súa zona máis profunda.

As augas pluviais tratadas no sistema de desarenado se verterán mediante unha condución de PRFV ø1000 mm., cos seus correspondentes pozos de rexistro. A lonxitude da condución de vertedura é de 291,60 m.

Polígono San Cibrao II

Executouse un tanque de desarenado para a rede de pluviais correspondente ao Polígono de San Cibrao II. A estrutura ten unhas dimensións exteriores de 12,20 x 7,90 m. e 6,80 m. de profundidade máxima.

As augas pluviais tratadas no sistema de desarenado se verterán á canle de recollida de pluviais próximo á nova estrutura, que desemboca nun regacho.

Modificación da condución da zona do campo fútbol

Con obxecto de mellorar o funcionamento hidráulico do colector xeral, modificouse o trazado do colector procedente do polígono de San Cibrao II na zona próxima ao campo de fútbol. Por iso, recondúcese a rede existente cunha nova canalización de PRFV ø500 mm., e a súa conexión ao pozo inmediatamente augas abaixo.

Para iso foi necesaria a execución de 101,50 m. de tubaxe de PRFV ø500 mm. xunto con 6 novos pozos de rexistro.

Actuación en Barreiros

Na zona industrial de Barreiros existía unha vertedura ao río de augas pluviais cunha achega de fecais procedente dun pozo de rexistro que se atopaba mal selado. Por iso contemplouse a eliminación destas vertido grazas ao correcto selado do pozo de rexistro existente.

Melloras na E.D.A.R.

Contemplouse un grupo de actuacións na E.D.A.R. para liquidar as deficiencias actuais. As actuacións pódense desagregar nos seguintes grupos:

  • Instalación de dúas caudalímetros para a medición de caudais de entrada á E.D.A.R. e de entrada ao tamizado
  • Substitución da reixa de desbaste de grosos por outra nova e do parafuso trasportador que a acompañaba
  • Instalación dun segundo tamiz rotativo de desbaste fino, xemelgo do existente anteriormente, para o que xa existe preinstalación na planta. Instalación dun novo parafuso para a recollida de sólidos procedentes de ambos os tamices
  • Instalación dunha bomba de areas no desarenador-desengrasador
  • Desprazamento do concentrador de graxas existente a unha cota inferior para permitir o seu funcionamento por gravidade
  • Actuacións destinadas ao emprego do decantador primario da E.D.A.R. (que se atopaba en desuso) como depósito de almacenamento e acondicionamento de augas con niveis de pH inadecuados para a súa entrada a biolóxico. Dentro das mesmas inclúese a instalación de sondas de pH, axitadores no decantador primario, un actuador eléctrico nunha comporta existente no físico químico, conexión da dosificación de hidróxido de cal e polielectrolito existentes co decantador, e a execución dun novo pozo de bombeo para o retorno das augas estabilizadas á liña de tratamento
  • Instalación dun novo autómata programable na planta e programación do mesmo

 

05-10-2015 Visita do Delegado do Goberno en Galicia e do Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil
05/05/2014 Comezo da obra do desarenador da EDAR
20/10/2015 Recepción das obras
07/10/2015 Final dlas obras
07/03/2014 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.