Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Proxecto de nova EDAR de Pontebarxas

Descrición e datos técnicos
Situación
Pontebarxas, Padrenda. Ourense
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
Finalizada
Orzamento
800.000 euros
Financiamento
80% Fondos FEDER, 10% Deputación de Ourense, 10% Fondos Confederación Hidrográfica del Miño-Sil
Prazo
18 meses
Obxectivo

O obxecto desta actuación é a construción dunha nova EDAR para a conca vertente de Pontebarxas xunto cunha serie de actuacións complementarias que axudarán á mellora do saneamento na zona, así como á reurbanización dos accesos á EDAR, hoxe en día en precario estado.

Descrición

As obras da nova EDAR consistirán na implantación dun novo proceso para a liña depuración das augas residuais consistente nun pretratamento, un tratamento primario e un biolóxico secundario.

Como actuacións complementarias á EDAR deséñase un novo colector que recollerá as augas da parte baixa de Pontebarxas, ademais da urbanización dos accesos actuais, a creación dun novo acceso á nova EDAR e a dotación dos servizos de subministración necesarios.

Obras que comprende el Proxecto:

Colectores exteriores

Novo colector polo vial de acceso á EDAR para dar servizo ás vivendas existentes. Inclúe pozo de bombeo no punto baixo e impulsión ata a entrada da EDAR.

EDAR

Novas instalacións de depuración con equipos para pretratamento, tratamento primario e tratamento biolóxico secundario, ademais do resto de equipamento necesario para o funcionamento dunha EDAR destas características. Tamén se inclúe o novo acceso á EDAR existente.

Dotación de subministracións exteriores

Prevese a dotación de abastecemento e enerxía eléctrica para o correcto funcionamento das instalacións dende o punto de enganche máis próximo á EDAR.

Urbanización accesos existentes

Dada a necesidade de introducir servizos no acceso actual á EDAR, e como mellora destes, prevese a súa reurbanización dende o entroncamento coa estrada principal ata o ámbito da EDAR.

Acceso provisional

Dada a imposibilidade de introducir maquinaria pesada polo acceso actual crearase un novo acceso provisional durante as obras para acceder aos tallos de traballo. Este novo camiño será reposto á súa condición orixinal unha vez finalizadas as obras.

12/12/2014 Recepción das obras
28/11/2014 Finalización das obras
22/02/2014 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.