Educación Ambiental

Documentos de Planificación

Histórico de Embalses

Recursos Hídricos Anuais

No tocante á relación entre recursos superficiais e subterráneos, pódese dicir que na Demarcación Hidrográfica Miño-Sil non existen unidades hidroxeolóxicas dignas de interese. Esta circunstancia, sumada á dos altos niveis de pluviometría que se dan en toda a bacía, determina que os recursos superficiais sexan claramente superiores aos subterráneos.

Analizando a situación dos ríos pertencentes ó eido Miño-Sil e Limia, pódense extraer as seguintes conclusións:

  • O Sil ten uns recursos medios totais de 5.110 hectómetros cúbicos ao ano, o que supón unha achega específica media anual de 637 milímetros. Esta contribución é moi irregular, destacando zonas con valores da contribución específica dobres respecto ao valor medio citado.Entre estes lugares destacan o mesmo Sil en primeiro lugar, así como o Cúa á altura de Anillares, Navea en Chandrexa e Lor en Villamar.
  • O Miño na confluencia co Sil ten uns recursos totais de 2.624 hectómetros cúbicos ao ano, equivalentes a 553 milímetros de achega específica.
  • No tocante ao Miño Baixo, que abarca as bacías do Miño e o Sil, a achega media é de 8.285 hectómetros cúbicos ao ano. Isto supón unha achega específica media anual de 504 milímetros.
  • Finalmente, o río Limia ofrece uns recursos totais de 648 hectómetros cúbicos ao ano, o que ven sendo 488 mm. de achega anual.

Táboa. Achegas específicas das superficies da bacía

Denominación

Superficie Km2

Aportación máxima anual (hm3/año)

Aportación media (hm3/año)

Aportación mínima anual (hm3/año)

Total Miño alto

4748

5189

2624

401

Total Sil superior

3995

4604

2174

140

Total Sil inferior

8020

8697

5110

796

Total Cabe

737

632

233

31

Total Miño baixo

16436

12889

8285

1332

Total Limia

1329

1388

648

97

DEMARCACIÓN TOTAL

17765

14277

8933

1429

 

Avenidas e Secas

Ainda que na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil a precipitación media case duplica á de España, a ausencia de regulación nalgúns dos principais sistemas de abastecemento de poboación presenta problemas de escaseza ante as cíclicas situacións de seca con prexuízo, nestas situacións, do réxime de caudais medioambientais. Estes sucesos extremos concretanse en avenidas e secas .

Avenidas

Unha avenida é unha crecida temporal e excepcional no caudal dun río, que pode deberse a causas tanto naturais como artificiais. Aquí faise referencia ás naturais que se deben fundamentalmente a excesos de choiva coincidentes ou non con desxeos, provocando unha escorrentía puntual na bacía receptora.

Na maioría dos casos analizados na bacía do Miño, os datos existentes non proporcionan un coñecemento cuantitativo nin dos caudais nin volumes asociados ás inundacións. Ademais, a situación do entorno xeográfico variou co tempo, polo que non é posíble deducir conclusións estatísticas realmente válidas.

De calquera xeito, o estudo desta inundación permitiu formar unha idea clara sobre a problemática das bacías de este eido e alcanzar as seguintes conclusións:
Avenidas y sequías

  • A ausencia de comunicacións axeitadas e dos sistemas de telecomunicacións de que hoxe se dispón impediron no pasado previr ó máximo este tipo de sucesos; esta situación propiciou a crenza de que as inundacións se producen inesperadamente nos vales e sen ter ningunha relación co que ocorre augas arriba.
  • As referencias históricas dispoñibles proporcionan información principalmente sobre as inundacións ocorridas nos tramos inferiores e medios dos ríos. Como por exemplo destaca o Sil na súa confluencia co Casoio ou Riodolas onde se identificaron ata nove inundacións.
  • Outra das causas que fomentaron o desenvolvemento de inundacións é a obstrución que provocan as pontes ó paso da auga; o efecto de presa que producen cando esto ocorre, aumentan considerablemente o nivel das augas arriba da ponte, mentres que o seu desbloqueo repentino produciu ondas augas abaixo de grande poder destrutivo.
  • Os movementos tectónicos e as oscilacións do nivel do mar, provocadas pola última glaciación, elevaron notablemente o nivel de base dos ríos cantábricos provocando a formación de rías e esteiros, así como unha distribución da pendente e lonxitude dos seus leitos de desaugamento, coa conseguinte diminución da capacidade de evacuación. Isto mesmo provoca que os efectos das mareas sexan de capital importancia, influíndo nos grandes tramos augas arriba da desembocadura.

Secas

Para avanzar na definición e caracterización das secas, o Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, traballa no estudo e cálculo dun sistema de indicadores cos que se pretende avaliar o estado hidrolóxico das distintas bacías españolas. Para cada bacía, habilitaronse uns puntos que rexistran evolucións temporais de variables de interese: precipitacións, caudais, reservas de encoros, niveis en acuíferos e almacenamento de neve.

Na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil utilizanse 6 pluviómetros, 9 estacións de aforo de caudal en ríos e entradas a encoros e 5 volumes almacenados en encoros.

Cabe sinalar que o mes máis seco é xullo, seguíndolle como máis escasos xullo e agosto. A relación entre precipitacións caídas no mes máis abundante e o mes máis seco pode ser indicador da regularidade do réxime pluviométrico; esta relación elevase ata 7 na bacía do Miño-Sil e ata 10 na do Limia.

O seguinte paso para afondar no coñecemento, valoración e diminución das secas son os Plans especiais de actuación nas situacións de alerta e eventual seca (PES). Estes Plans redáctanse baixo a lei 10/2001, de 5 de Xullo, do Plan Hidrolóxico Nacional, que establece no seu artigo 27 sobre xestión da seca a obriga de elaborar Plans Especiais de actuacións en situacións de alerta e eventual seca. Dito Plan se refire á Demarcación Norte como "Norte II, III".

O "Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca" (P.E.S.) para a CHN, aprobouse mediante a Orde MAM/698/2007, de 21 de marzo, publicado no BOE o 23 de marzo do 2007.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.