Actuación cofinanciada con Fondos Europeos

Ampliación da EDAR do Barco de Valdeorras

Descrición e datos técnicos
Situación
O Barco de Valdeorras. Ourense
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
Finalizada
Orzamento
1.475.942,91 euros (Convenio)
Financiamento
80% Fondos FEDER, 20% Concello do Barco de Valdeorras
Prazo
18 meses
Obxectivo

O obxecto desta actuación consistiu en garantir o cumprimento dos parámetros de vertedura establecidos na autorización de vertedura correspondente e rehabilitar os elementos deficientes, así como solucionar fallos estruturais nalgúns elementos, considerando a ampliación, e mellorar a instalación ao obxecto de que teña capacidade para o tratamento dos caudais e cargas contaminantes que recibe e recibirá nun futuro a instalación.

  • Descrición

    ACTUACIONS NA REDE DE SANEAMENTO

    Será necesario modificar o trazado dos dous colectores que chegan á EDAR do Barco. O que provén da Pobra precisa do seu desvío para que poida acceder á nova obra de chegada. Non obstante, o colector interceptor que provén do Barco precisará dun desvío adicional para poder emprazar o novo pretratamento.

    ACTUACIÓNS NA EDAR

    Ademais dos elementos de nova construción, o proxecto deberá considerar a actualización dos equipos e sistemas da EDAR existente e a adecuación da capacidade das liñas aos caudais e cargas contaminantes a tratar.

    En consecuencia, considérase necesario levar a cabo as seguintes actuacións:

    Obra de chegada:

    • Implantación dun pozo de grosos con cámara de reunión dos colectores da Proba e O Barco.
    • Rehabilitación do pozo de bombeo actual e execución dun novo pozo en paralelo, para que entre ambos os dous teña o volume suficiente para o funcionamento do novo sistema de bombeo.
    • Substitución das 3 +1 bombas actuais por 3 +1 bombas axeitadas ao novo caudal a pretratamento, dispostas dous en cada pozo de bombeo.
    • Construción dunha canle de desbaste equipado con reixa de grosos automática previa ao bombeo; esta canle estaría equipada con canle by-pass con reixa manual.
    • Desvío do interceptor do Barco existente con carácter previo á execución do novo pretratamento.
    • Desvío do colector da Proba con carácter previo á execución do pozo de grosos e desbaste.

    Pretratamento:

    • Implantarase o desareador - desengraxador de forma paralela ao xa existente, ao obxecto de aproveitar a condución de envío ao reactor biolóxico.
    • Levarase a cabo a rehabilitación e mellora dos equipos do desareador-desengraxador existente, demolendo polo menos a canle de desbaste, para incorporar un concentrador de graxas novo, un clasificador de areas novo e novas bufadores.

    Tratamento secundario:

    • Levarase a cabo a rehabilitación estrutural do reactor biolóxico.
    • Melloraranse os equipos de aireación e axitación do biolóxico, así como a mellora do sistema de recollida de flotantes.

    Instrumentación e control:

    • Levarase a cabo o control de caudais e cargas contaminantes na entrada da EDAR mediante equipo de medición de parámetros en continuo.
    • Levarase a cabo o control do biolóxico mediante a medición en continuo de temperatura, osíxeno disolto, pH, etc.
    • Dosificación e almacenamento de Cloruro Férrico:
    • Instalaranse 3 bombas dosificadoras de Cloruro férrico (unha de reserva), así como un depósito de 4.000 l de capacidade para o almacenamento do reactivo.

    Recirculación, produción, espesamento e deshidratación de lamas:

    • Instalaranse 3 bombas somerxibles especiais para lamas (unha de reserva) capaces de impulsar un caudal unitario de 120 m3/h.
    • Para o bombeo dos lamas extraidos do decantador secundario instalaranse 2 bombas centrífugas somerxibles (unha de reserva) con capacidade para 123 m3/día
    20/10/2015 Recepción das obras
    07/10/2015 Final das obras
    06/03/2014 Comezo das obras

    Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.