C/ Curros Enríquez, nº 4 - 2º
32003 OURENSE
Fax: 988 242 402
E-mail: contacto@chminosil.es
As Queixas e Suxestións relativas aos servizos prestados por este Organismo autónomo poderán presentarse no xeito establecido segundo o artigo 38.4 da Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas, debendo dirixilas, por escrito, ao Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, á dirección: rúa Curros Enríquez, 4-2º -32003 de Ourense.
Para facilitar o trámite poñemos á súa disposición o seguinte formulario: Formulario de Queixas e Suxestións (PDF-138KB)
Tamén pode efectuarse a presentación das queixas e suxestións de xeito telemático a través da correspondente aplicación dispoñible na Sede electrónica do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico.
As queixas ou suxestións presentadas serán notificadas ao interesado no prazo de 20 días hábiles, dacordo co artigo 16.1. do Real Decreto 951/2005, de 29 de xullo.
Por último, debemos apuntar que as queixas ou suxestións formuladas non terán, ningún caso, a calificación de recurso administrativo nin paralizarán os prazos establecidos na normativa vixente para a súa interposición.
Para a presentación presencial unha vez complete o impreso correspondente, deberá remitilo á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mediante calquera das vías descritas na Ley 39/2015, de 1 de octubre, del Procedimiento Administrativo Común de las Administraciones Públicas.
Unha vez completado o impreso correspondente, deberá remitilo á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, mediante calquera das vías descritas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
A través deste apartado de Impresos poderá acceder aos impresos de solicitude de cada un dos procedementos que se realizan na Confederación Hidrográfica do Miño - Sil.
Por outra parte, queremos informarlle que poderá presentar ditas solicitudes, xunto coa documentación requerida, nos lugares que se relacionan:
Lei 39/2015, de 1 de outubro, del Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público.