Condicións Climáticas

A Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil caracterízase por invernos suaves, veráns frescos, aire húmido, abundante nubosidade e precipitacións frecuentes en todas as estacións.

Pluviometría

Este parámetro ten unha ampla marxe de variación, oscilando entre os 700 en 1.900 milímetros ao ano, sendo a influencia atlántica e a propia morfoloxía da bacía as que marcan estas precipitacións. Os valores máximos alcánzanse na zona do Macizo de Manzaneda; entre o Navia e o Bibei; nas serras do leste de Lugo e norte do Sil no val inferior do Miño.

Nas serras do Oeste a precipitación das ladeiras da vertente lucense oscila entre 1300 e 1500 milímetros.

Os vales do Sil destacan polas súas baixas precipitacións, así como as depresións de Monforte, o Bierzo e Ourense (700-900 milímetros).

Cabrera, pese á súa altitude, destaca por unhas precipitacións non moi elevadas (800-1000 milímetros). En xeral o alto Sil Leonés recibe menos contribucións nas vertentes do sur que nas do norte para alturas similares.

A bacía do Limia en Buscalque destaca pola súa precipitación de 1435 milímetros ao ano; porén na zona do val de Arzoa a precipitación descende a menos de 900 milímetros ao ano.

A precipitación media anual é de 1175 milímetros para o conxunto da bacía.

Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Descargar imaxe

Termometría

Queda patente a influencia atlántica, que suaviza os valores extremos ás áreas próximas á costa e, ata se deixa sentir ao longo dos vales do Miño e do Sil, ainda que vai perdendo forza cara ó interior. Deste modo pásase dun réxime morno cálido no litoral ata un marítimo fresco terra dentro, alcanzándose un réxime pirenaico frío nas áreas montañosas de maior altitude na cabeceira do Sil.

Comunicación

Sala de PrensaNeste apartado da web da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), poderá atopar a información actualizada sobre as actividadades que desenvolve este Organismo de conca a través de Notas de Prensa, Temas de Actualidade, Multimedia, Entrevistas e Reportaxes.

Para cualquera consulta adicional pode poñerse en contacto connosco polos seguintes medios:

Correo Electrónico: presidencia@chminosil.es

Teléfonos: 988.399.404/988.399.400

 

Plan Hidrolóxico de 1998 - Derogado

 

 

Órganos de Xestión

  • Xunta de Explotación
    Ten por finalidade coordinar, respectando os dereitos derivados das correspondentes concesións e autorizacións, a explotación das obras hidráulicas e dos recursos da auga daquel conxunto de ríos, río, tramo de río ou unidade hidroxeolóxica cuxos aproveitamentos estean especialmente interrelacionados. Os seus integrantes son:
    • O Director Técnico do Organismo da Bacía.
    • Os membros do Organismo de Bacía que sexan designados ó efecto polo Presidente. Estes asistirán con voz, pero sen voto.
    • Os representantes dos usuarios afectados.
  • Xuntas de Obras
    A Xunta de Goberno, a petición dos futuros usuarios dunha obra xa aprobada, poderá constituír a correspondente Xunta de Obras, na que participarán tales usuarios, a fin de que estean directamente informados do desenvolvemento e incidencias de dita obra.
  • Comisión de Desencoro
    Correspóndelle deliberar e formular propostas ao Presidente do Organismo sobre o réxime adecuado de enchido e baleirado dos embalses e acuíferos da bacía, atendidos os dereitos de concesión dos distintos usuarios.

 

Órgano de Participación e Planificación

Consello da Auga da Demarcación

O artigo 3.5 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, crea o Consello da Auga das demarcacións hidrográficas de concas intercomunitarias co obxectivo de fomentar a información, consulta pública e participación activa na planificación hidrolóxica. Pola súa banda, o Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro, establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

As funcións que corresponden ao devandito Consello son:

  • Promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.
  • Elevar ao Goberno, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o Plan Hidrolóxico da demarcación e as súas ulteriores revisións.
  • Informar as cuestións de interese xeral para a demarcación.
  • Informar as cuestións relativas á protección das augas e á mellor ordenación, explotación e tutela do dominio público hidráulico ou as que lle sexan encomendadas polo Presidente ou a Xunta de Goberno do Organismo de conca

Composición:

O Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituído por un Presidente, dous Vicepresidentes, un Secretario e os Vogais que se concretan no artigo 5 do mencionado Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro.

Será Presidente do Consello da Auga o do Organismo de conca. A Vicepresidencia Primeira corresponderá ao vogal que resulte elixido por e entre os que representen ás Comunidades Autónomas. A Vicepresidencia Segunda recaerá sobre o vogal que resulte elixido por e entre os vocais representantes dos usuarios. Como Secretario do Consello, con voz pero sen voto, actuará o Secretario Xeral do Organismo de conca.

 

 

 

 

 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.