CHMS

Consumos anuais por sistema de explotación

Datos dos encoros de Bárcena, Fuente del Azufre e Vilasouto dos anos hidrolóxicos 2012/13 y 2013/14:

Encoros 2012-2013 (ZIP con XLSX-58KB)

Encoros 2013-2014 (ZIP con XLSX-138KB)

Encoros 2014-2015 (ZIP con XLSX-124KB)

 

Taxas e Canons

CANONES DE REGULACIÓN E TARIFAS DE UTILIZACIÓN DA AUGA

Estudos Económicos Canones de Regulación e Tarifas Utilización Auga

 Estudos Económicos dos Canons de Regulación e Tarifas de Utilización da auga para os usuarios de obras hidráulicas no ámbito da bacia Miño-Sil

En cumprimento do disposto nos artigos 302.3 e 309.3 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, do 11 de abril e modificado polos artigos 1.186 e 1.187 do Real Decreto 665/2023, do 18 de xullo de 2023, sométense a información pública os seguintes Estudos Económicos:

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE BÁRCENA E DA TARIFA DE UTILIZACIÓN DA PRESA DE FUENTE DEL AZUFRE PARA USUARIOS HIDROELÉCTRICOS (LEÓN-LUGO-OURENSE). ANO 2025

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE BÁRCENA E TARIFA DE UTILIZACIÓN DO POZO DE TOMA PARA USOS INDUSTRIAIS (LEÓN). ANO 2025

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE BÁRCENA E TARIFA DE UTILIZACIÓN DO POZO DE TOMA PARA USOS DE ABASTECEMENTOS DE AUGA A POBOACIÓNS (LEÓN). ANO 2025.

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE BÁRCENA E DA TARIFA DE UTILIZACIÓN DA AUGA PARA O REGADÍO DA SUBZONA ALTA DO BIERZO (LEÓN). ANO 2025.

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE BÁRCENA E DA TARIFA DE UTILIZACIÓN DA AUGA PARA O REGADÍO DA SUBZONA BAIXA DO BIERZO (LEÓN). ANO 2025.

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE VILASOUTO E DA TARIFA DE UTILIZACIÓN DA AUGA PARA O REGADÍO DO VALLE DE LEMOS (LUGO). ANO 2025.

ESTUDO ECONÓMICO DE FIXACIÓN DO CANON DE REGULACIÓN DO ENCORO DE VILASOUTO PARA USOS DE ABASTECEMENTO DE AUGA A POBOACIÓNS (LUGO). ANO 2025.

 

NOVA REGULACIÓN DO CANON HIDROELÉCTRICO

O canon pola utilización de augas continentais para a produción de enerxía eléctrica creouse polo artigo 29 da Lei 15/2012, do 29 de decembro, que introduciu un novo artigo 112 bis no Texto Refundido da Lei de Augas (TRLA). A Disposición transitoria primeira da devandita Lei 15/2012 establecía que o canon só sería esixible a partir da revisión das condicións de cada concesión.

A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, derrogou a citada disposición transitoria primeira da Lei 15/2012 e, en consecuencia, a partir da súa entrada en vigor o 10 de abril de 2022 devéngase o canon hidroeléctrico pola utilización das augas continentais para a produción de enerxía eléctrica, ao desvincularse da adaptación das concesións.

O réxime xurídico do canon é o establecido no artigo 112 bis TRLA e no Real Decreto 198/2015, do 23 de marzo. Ambas as normas foron modificadas pola Lei 2/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular.

A autoliquidación e pago do tributo correspondente ao ano 2022 realizaranse no mes de marzo de 2023.


As leis anuais de orzamentos establecen disposicións relativas á ordenación da actividade económica e orzamentaria para cada exercicio, entre elas as referidas aos tributos, como taxas e canons.

Funcionarios

Non hai información dispoñible.

Período 2007-2013

PROGRAMA OPERATIVO DE GALICIA (FEDER)

O día 5 de marzo de 2007, España presentou á Comisión Europea unha proposta de Programa Operativo para a Comunidade Autónoma de Galicia, que reunía as condicións do obxectivo converxencia en virtude do artigo 5, apartado 1, do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006. Mediante Decisión da Comisión C(2007)6079, do 30 de novembro de 2007, a Comisión Europea aprobou o Programa Operativo FEDER/DOCUP de Galicia 2007-2013, cun importe máximo de axuda de 2.191.544.341 euros. A través deste Programa Operativo fináncianse mediante axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional actuacións executadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

 PROGRAMA OPERATIVO FONDO DE COHESION-FEDER

O día 1 de marzo de 2007, España presentou á Comisión Europea o Programa Operativo de Fondo de Cohesión-FEDER 2007-2013 no marco do obxectivo de converxencia, con asistencia do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para as Comunidades Autónomas de Andalucía, Castela-A Mancha, Extremadura e Galicia, que reúnen as condicións do obxectivo de converxencia en virtude do artigo 4, apartado 1 e 2 do Regulamento (CE) n.º 1083/2006 e do Fondo de Cohesión en todo o territorio, que reúne as condicións do obxectivo de converxencia en virtude do artigo 8, apartado 3 do devandito Regulamento. Este Programa Operativo foi aprobado por Decisión da Comisión C(2007)6315 do 7 de decembro de 2007. O importe máximo da axuda do FEDER, concedida queda establecida en 1.356.951.334 euros e o importe máximo da axuda do Fondo de Cohesión concedida no marco do programa Operativo queda establecido en 3.543.213.008 euros. A través deste Programa Operativo fináncianse actuacións executadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nas Comunidades Autónomas de Castela e León e Galicia.

Período 2000-2006

Neste período as axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Fondo de Cohesión financiaron actuacións executadas nas Comunidades autónomas de Castela e León e Galicia

Órgano de Cooperación

Comité de Autoridades Competentes

O artigo 36 bis do texto refundido da Lei de Augas dispón a existencia, no caso das Demarcacións Hidrográficas con bacías intercomunitarias, dun órgano de cooperación denominado Comité de Autoridades Competentes. O Real Decreto 126/2007, de 2 de febreiro regula a súa composición, funcionamento e atribucións.

 

 

Oficina de Planificación Hidrolóxica

As principais funcións da Oficina de Planificación Hidrolóxica, dacordo co Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, polo que se determina a estructura orgánica dependente da Presidencia das Confederacións Hidrográficas son as seguintes:

A recompilación e no seu caso a realización dos traballos e estudos precisos para a elaboración, seguimento e revisión do Plan Hidrolóxico da bacía.

Informar da compatibilidade co Plan Hidrolóxico de bacía das actuacións propostas polos usuarios.

A redacción dos Plans de ordenación das extraccións en acuíferos declarados sobrexplotados ou en risco de estalo e de aqueles outros en proceso de salinización.

A oficina de Planificación Hidrolóxica da bacía é o órgano de apoio técnico do Consello da Auga.

O actual Xefe de Planificación Hidrolóxica é Carlos Guillermo Ruiz del Portal Florido

Dirección Técnica

Segundo se recolle no Artigo 4 do Real Decreto 266/2008, do 22 de febreiro, créase a Dirección Técnica da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, con nivel orgánico de Subdirección Xeral.

No marco de competencias definido no Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo, a Dirección Técnica, como unidade administrativa responsable da xestión das obras públicas de infraestructura hidráulica a cargo do Organismo de bacía, desenvolve as seguintes funcións:

  • Estudo, redacción do proxecto, dirección e explotación das obras e aproveitamentos financiados con fondos do organismo ou que encomenden a esta ao Estado, ás comunidades autónomas, ás corporacións locais, outras entidades públicas ou privadas, ou aos particulares.

  • A supervisión e aprobación técnica dos proxectos que teñan que ser financiados con fondos propios do organismo.

  • As actuacións encamiñadas a lograr o aproveitamento máis racional da auga.

  • O estudo e proposta dos outorgamentos, das tarifas e prezos relativos ó réxime fiscal en materia de augas e bens de dominio público hidráulico, de acordo coa normativa vixente.

  • A execución das ordes de desencoro.

  • A designación dos directores e inspectores das obras.

O actual Director Técnico é Manuel Ignacio Rodríguez Acebes. (Resolución do 2 de abril de 2009, da Secretaría de Estado de Medio Rural e Auga, pola Orden ARM/103/2009 de 26 de enero). 

Demarcación

No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".

Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".

En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.

Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.

Ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Condicións Climáticas

A Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil caracterízase por invernos suaves, veráns frescos, aire húmido, abundante nubosidade e precipitacións frecuentes en todas as estacións.

Pluviometría

Este parámetro ten unha ampla marxe de variación, oscilando entre os 700 en 1.900 milímetros ao ano, sendo a influencia atlántica e a propia morfoloxía da bacía as que marcan estas precipitacións. Os valores máximos alcánzanse na zona do Macizo de Manzaneda; entre o Navia e o Bibei; nas serras do leste de Lugo e norte do Sil no val inferior do Miño.

Nas serras do Oeste a precipitación das ladeiras da vertente lucense oscila entre 1300 e 1500 milímetros.

Os vales do Sil destacan polas súas baixas precipitacións, así como as depresións de Monforte, o Bierzo e Ourense (700-900 milímetros).

Cabrera, pese á súa altitude, destaca por unhas precipitacións non moi elevadas (800-1000 milímetros). En xeral o alto Sil Leonés recibe menos contribucións nas vertentes do sur que nas do norte para alturas similares.

A bacía do Limia en Buscalque destaca pola súa precipitación de 1435 milímetros ao ano; porén na zona do val de Arzoa a precipitación descende a menos de 900 milímetros ao ano.

A precipitación media anual é de 1175 milímetros para o conxunto da bacía.

Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Mapa Pluviométrico CH Miño-Sil
Descargar imaxe

Termometría

Queda patente a influencia atlántica, que suaviza os valores extremos ás áreas próximas á costa e, ata se deixa sentir ao longo dos vales do Miño e do Sil, ainda que vai perdendo forza cara ó interior. Deste modo pásase dun réxime morno cálido no litoral ata un marítimo fresco terra dentro, alcanzándose un réxime pirenaico frío nas áreas montañosas de maior altitude na cabeceira do Sil.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.