CANONES DE REGULACIÓN E TARIFAS DE UTILIZACIÓN DA AUGA
Estudos Económicos dos Canons de Regulación e Tarifas de Utilización da auga para os usuarios de obras hidráulicas no ámbito da bacia Miño-Sil
En cumprimento do disposto nos artigos 302.3 e 309.3 do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, aprobado por Real Decreto 849/1986, do 11 de abril e modificado polos artigos 1.186 e 1.187 do Real Decreto 665/2023, do 18 de xullo de 2023, sométense a información pública os seguintes Estudos Económicos:
NOVA REGULACIÓN DO CANON HIDROELÉCTRICO
O canon pola utilización de augas continentais para a produción de enerxía eléctrica creouse polo artigo 29 da Lei 15/2012, do 29 de decembro, que introduciu un novo artigo 112 bis no Texto Refundido da Lei de Augas (TRLA). A Disposición transitoria primeira da devandita Lei 15/2012 establecía que o canon só sería esixible a partir da revisión das condicións de cada concesión.
A Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular, derrogou a citada disposición transitoria primeira da Lei 15/2012 e, en consecuencia, a partir da súa entrada en vigor o 10 de abril de 2022 devéngase o canon hidroeléctrico pola utilización das augas continentais para a produción de enerxía eléctrica, ao desvincularse da adaptación das concesións.
O réxime xurídico do canon é o establecido no artigo 112 bis TRLA e no Real Decreto 198/2015, do 23 de marzo. Ambas as normas foron modificadas pola Lei 2/2022, do 8 de abril, de residuos e chans contaminados para unha economía circular.
A autoliquidación e pago do tributo correspondente ao ano 2022 realizaranse no mes de marzo de 2023.
As leis anuais de orzamentos establecen disposicións relativas á ordenación da actividade económica e orzamentaria para cada exercicio, entre elas as referidas aos tributos, como taxas e canons.