Criterios de valoración de danos ao DPH

  • Criterios e prezos para a determinación dos danos ao DPH por infraccións da Lei de Augas

Como consecuencia da sentenza do Tribunal Supremo do 4 de novembro de 2011 que anula a Orde MAM/85/2008, do 16 de xaneiro, pola que se establecían os criterios técnicos para a valoración de danos ao dominio público hidráulico e as normas sobre toma de mostras e análises de verteduras de augas residuais como pauta para a tipificación das infraccións administrativas en materia de augas, aprobouse o Real Decreto 670/2013, do 6 de setembro, que modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, desenvolvendo así os criterios e fórmulas que se aplicarán para valorar os danos ao dominio público hidráulico polos feitos que puidesen ser constitutivos de infracción en materia de augas, que servirán para tipificar a infracción e asignar a correlativa sanción de acordo co principio de proporcionalidade.

De acordo co artigo 326.bis do citado Regulamento do Dominio Público Hidráulico e en virtude das competencias conferidas polos artigos 118 e 28.j) da Lei de Augas, a Xunta de Goberno da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en sesión ordinaria celebrada o 5 de abril de 2017 aprobou os seguintes "Criterios e prezos para a determinación dos danos ao dominio público hidráulico por infraccións da Lei de Augas".

CRITERIOS (PDF-941KB)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.