Información Pública

A páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil constitúese como a fonte fundamental de información e contacto con este Organismo de bacía para todos os actores sociais e institucionais, no relacionado á planificación hidrolóxica.

En www.chminosil.es poderá consultar os principais acontecementos producidos durante o proceso de planificación, así como os documentos básicos e de referencia para a elaboración do Plan Hidrolóxico e que serán sometidos a información e consulta pública.

Información en formato papel

Disporá de copias completas en papel co contido dos documentos de referencia e de consulta nas diferentes oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil, en horario de 9:30 a 14:00 horas.

Esta información complétase coas publicacións divulgativas elaboradas cos elementos máis importantes do proceso de planificación.

Lugares de consulta de documentos

  • Ourense: Oficina de Planificación Hidrolóxica da CHMS. Avda. Habana nº 28 – Bajo.
  • Lugo: Oficina Territorial de Comisaría de Augas e Dirección Técnica. Ronda da Muralla, 131.
  • Monforte de Lemos: Oficina Territorial de Dirección Técnica. A Pinguela, s/n.
  • Porriño: Oficina Territorial de Dirección Técnica. Avda. Buenos Aires, 23.
  • Ponferrada: Oficina Territorial de Comisaría de Augas e Dirección Técnica. Casa Administración-Pantano de Bárcena do Bierzo.

Información de Planificación

A Oficina de Información de Planificación Hidrolóxica é a responsable de dar resposta a todas as suxerencias e consultas plantexadas en relación ao proceso de redacción do Plan Hidrolóxico de Demarcación 2010-2015.

A solicitude de información e a remisión de documentación, así como a convocatoria de procesos participativos está centralizada na Ofincian de Información.

Como contactar con la Oficina de Información de Planificación Hidrolóxica:

Correo electrónico: oficina.planificacion@chminosil.es
Tfno: 988 399 403
Fax: 988 686 818
Dirección postal: Avda. Habana 28-Bajo. 32003, Ourense.

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.