Restauración de Ríos

Restauración de ríosO Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente está desenvolvendo, no marco da Directaiva Marco da Auga e da Directiva de Avalicación e Xestión de Riscos de Inundación, a Estratexia Nacional de Restauración de Ríos, nun novedoso proxecto para conservar e recuperar o bo estado dos nosos ríos, potenciar o seu patrimonio cultural, fomentar o uso racional, destacar os seus valores e beneficios, así como impulsar o desenvolvemento sostible do medio rural.

O principal obxectivo da Estratexia Nacional de Restauración de Ríos é impulsar a xestión dos nosos ríos de xeito que acaden un bo estado ecolóxico, mellorando o seu funcionamento como ecosistemas, nos prazos previstos pola Directiva Marco da Auga.

Con este novo proxecto o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente pretende:

  • Restauración de ríosFomentar a integración da xestión dos ecosistemas fluviais nas políticas de uso e xestión do territorio, con cirterios de sostibilidade,
  • Constribuír á mellora da formación nos temas relacionados caoa xestión sostible dos ríos e a súa restauración,
  • Aportar imformación e experiencias para mellorar as actuacións que se están levando a cabo neste ámbito,
  • Fomentar a participación cidadá e implicar aos colectivos sociais na xestión dos sistemas fluviais,
  • Integrar de xeito gradual á sociedade nos temas relativos á xestión dos ríos e á utilización e distribución dos seus recursos, implicando aos colectivos sociais na formulación de obxectivos, na aprobación dos procedementos acordados, e no mantemento e seguemento dos traballos realizados.
 

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.