Seguimento do plan hidrolóxico 2016-2021

En cumprimento do artigo 87, “Seguimento dos plans hidrolóxicos”, do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo , no que se sinala no seu apartado 4º) “…Devanditos organismos (referidos aos organismos de conca), no caso de demarcacións  hidrográficas con concas intercomunitarias, informarán con periodicidade non superior ao ano ao Consello da auga da demarcación e ao Ministerio de Medio Ambiente (agora  Ministerio para a Transición Ecolóxica) sobre o desenvolvemento dos plans. Así mesmo informarán as administracións ás que consultasen sobre os extremos pertinentes …”, nas seguintes ligazóns pódense consultar o primeiro e segundo informe de desenvolvemento e seguimento do plan 2016-2021, para os anos 2016 e 2017 respectivamente. O Consello da auga da demarcación ( CAD) foi informado sobre o desenvolvemento e seguimento do plan na sesións celebrada o 5 de abril de 2017 (primeiro informe de desenvolvemento) e 1 de xuño de 2018 (segundo informe de desenvolvemento). Os precitados informes foron remitidos ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente con data 17 de abril de 2017 e 6 de xuño de 2018.

1º) PRIMEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2016.

1.1º) ANEXO AO PRIMEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2016.

2º) SEGUNDO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2017.

2.1º) ANEXO AO SEGUNDO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2017.

Por outra banda no  link sinalado a continuación pódese descargar o terceiro informe de desenvolvemento do plan hidrolóxico 2016-2021, aprobado mediante o Real Decreto 1/2016 do 8 de xaneiro, e que será presentado ao Consello da auga da demarcación ( CAD) na súa próxima sesión plenaria, en cumprimento do artigo 87, “Seguimento dos plans hidrolóxicos”, do Regulamento da Planificación Hidrolóxica e que foi enviado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica o 19 de decembro de 2019 en cumprimento do aludido artigo 87.4º):

3º) TERCEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. AÑO 2018.

3.1º) ANEXO AO TERCEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. AÑO 2018.

 

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.