Recibíronse 78 escritos de propostas, observacións e suxestións, que sumadas a unha proposta da Delegación portuguesa da Comisión para o desenvolvemento e aplicación do convenio de Albufeira (CADC), fan un total de 79 escritos. Ademais recibíronse 9 propostas máis presentadas fóra de prazo. Presentáronse suxestións desde múltiples entidades, recibíronse diversas observacións do sector enerxético, a industria louseira, asociacións de veciños, concellos, asociacións de investigación, universidades, asociacións ecoloxistas e algúns particulares. Á vista da participación recibida e a cantidade de temas tratados, pódese cualificar o proceso de consulta pública como moi produtivo. A continuación preséntase unha listaxe dos interesados, aos que se lles asociou un código identificativo, xunto co número de observacións que realizaron na súa respectiva proposta.
DOCUMENTO DE SÍNTESES PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS (PDF-4,55MB )
PROPOSTAS, OBSERVACIÓNS E SUXESTIÓNS RECIBIDAS E RESPOSTAS ENVIADAS