A CHMS entrega á USC as chaves do Muiño de Olga para uso como punto de divulgación científica

O investimento na adaptación desta infraestrutura fluvial de 363 m2 construídos superou os 790.000€, sufragados pola CHMS na súa totalidade. "A cesión deste antigo muíño, propiedade da CHMS, para uso...

A CHMS continua os traballos de retirada de madeira e de restauración e mellora de canles no municipio ourensán de Viana do Bolo, moi afectado polos temporais do mes de xuño

O organismo mantivo hoxe un encontro con representantes de Unións Agrarias e de veciños afectados. "Os traballos comezaron ao día seguinte na zona máis afectada, Pradocabalos, e continuaron con actuacións...

A CHMS finaliza as obras de mellora do pantalán de Pincelo que será cedido ao concello de Chantada

É o primeiro dos catro públicos de tamaño medio (para 9-10 embarcacións) que a CHMS pretende que estean en funcionamento no encoro dos Peares, un en cada un dos concellos bañados polas súas augas. A...

O MITECO inviste máis de 39,5 millóns nas obras de mellora do saneamento do río Barbaña e da EDAR do municipio ourensán de San Cibrao das Viñas

Os traballos consisten na adecuación do sistema de saneamento do río Barbaña na contorna do municipio e dos seus polígonos industriais a través de actuacións na rede de colectores e a remodelación da...

Ourense, 28 de Maio de 2019

De acordo co apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.

A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da  EPRI-2º Ciclo” da Demarcación  Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso,  nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no BOE nº 226 de 18/09/2018.

De acordo co apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da  EPRI de 2º ciclo (18 de decembro de 2018) e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no  R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 21 de febreiro de 2019, informando o mesmo favorablemente.

Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 8 de abril de 2019 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 12 de abril de 2019 ( B.O.E. nº 126 de 27/05/2019 ) o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

EPRI - 2º ciclo

(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).

ENLACE FASES PREVIAS

DÚBIDAS E COMENTARIOS

Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica:

-    mapas_zonas_inundables@chminosil.es

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.