REVISIÓN E ACTUALIZACIÓN DA AVALIACIÓN PRELIMINAR DO RISCO DE INUNDACIÓN ( EPRI). 2º CICLO

Ourense, 28 de Maio de 2019

De acordo co apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.

A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da  EPRI-2º Ciclo” da Demarcación  Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso,  nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no BOE nº 226 de 18/09/2018.

De acordo co apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da  EPRI de 2º ciclo (18 de decembro de 2018) e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no  R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 21 de febreiro de 2019, informando o mesmo favorablemente.

Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 8 de abril de 2019 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 12 de abril de 2019 ( B.O.E. nº 126 de 27/05/2019 ) o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.

EPRI - 2º ciclo

(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).

ENLACE FASES PREVIAS

DÚBIDAS E COMENTARIOS

Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica:

-    mapas_zonas_inundables@chminosil.es

Proyecto RISC_PLUS Proyecto RISC_PLUS

Proyecto RISC_ML Proyecto RISC_ML

Proyecto RAIA TERMAL Proyecto RAIA TERMAL

Proyecto MIGRA MIÑO Proyecto MIGRA MIÑO

  Proyecto Fronteira Esquecida Proyecto Froteira Esquecida

Proyecto POCTEP Albufeira Proyecto POCTEP Albufeira

Logo Plan Resiliencia

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.