A Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, pola que se traspoñen ó ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, de 26 de febreiro de 2014, no seu artigo 63, define o perfil do contratante como elemento que agrupa a información e documentos relativos a súa actividade contractual con obxecto de asegurar a transparencia e o acceso público aos mesmos.
O Perfil do Contratante da Confederación Hidrográfica del Miño - Sil está dispoñible en https://contrataciondelestado.es/, e inclúe datos e informacións referentes á actividade contractual, tales como anuncios de información previa, licitacións abertas ou en curso, e documentación relativa ás mesmas.
Nesta páxina tamén se poden consultar os contratos adxudicados, os procedementos anulados e calquera información útil de tipo xeral (como as modificacións, se as houbese, e as liquidacions dos mesmos) así como os seguintes datos estatísticos:
En cumprimento do disposto no artigo 136.2 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, Xeral Orzamentaria e na Regra 38 da Orde EHA/2045/2011, do 14 de xullo, pola que se aproba a instrución de contabilidade para a Administración Institucional do Estado, as contas anuais publícanse pola Intervención Xeral da Administración do Estado anualmente no portal da Administración orzamentaria, dentro da canle “Rexistro de contas anuais do sector público”.
LIGAZÓN AO REXISTRO DE CONTAS ANUAIS DO SECTOR PÚBLICO
Información relativa aos Orzamentos Xerais da Confederación Hidrográfica do Miño – Sil, é dicir, á programación do conxunto de gastos e ingresos previstos por esta administración hidráulica.
Neste apartado, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil pon á súa disposición a Información Económica do Organismo de bacía. Nel poderá atopar os orzamentos anuais que, segundo a Lei 47/2003, de 26 de novembro, Xeral Orzamentaria, constitúen a expresión cifrada, conxunta e sistemática dos deberes e obrigacións a liquidar durante o exercicio por esta administración hidráulica dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
Tamén poderá acceder ás contas anuais que, segundo a citada Lei, deben comprender o balance, a conta do resultado económico - patrimonial, o presuposto e o periodo medio de pago a proveedores.
DIRECCIÓN GENERAL DE POLÍTICA REGIONAL
DIRECCIÓN GENERAL DE FONDOS COMUNITARIOS
A Dirección Técnica é unha unidade da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil que ten encomendada a tramitación e xestión dos proxectos e obras hidráulicas que este Organismo realiza con cargo a fondos propios, e as que executa encomendadas polo Estado por ser declaradas de interese xeral.
Entre estas actuacións destacan as de saneamento e dupuración de aglomeracións urbanas, cuxo fin é o de resolver os problemas medioambientais xerados pola ineficiencia das infraestruturas de saneamento urbano existentes nestes núcleos.
Para iso, contémplase a construción de novos sitemas integrais de saneamento, consistentes nunha nova rede xeral formada por colectores secundarios, que interceptan as augas residuais e pluviais canalizadas pola rede de alcantarillado municipal nas diferentes zonas do núcleo de poboación, acumulándoas en depósitos de retención denominados aliviadoiros ou tanques de tormentas cando os caudais son excesivos, e incorporándoas a colectores ou interceptores xerais que as trasladan ata a correspondente Estación Depuradora de Augas Residuais, onde as augas son sometidas a un proceso de depuración no que se eliminan todos os contaminantes precisos, para logo poida ser vertida ao medio receptor en condicións de non causar dano algún.
O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente está desenvolvendo, no marco da Directaiva Marco da Auga e da Directiva de Avalicación e Xestión de Riscos de Inundación, a Estratexia Nacional de Restauración de Ríos, nun novedoso proxecto para conservar e recuperar o bo estado dos nosos ríos, potenciar o seu patrimonio cultural, fomentar o uso racional, destacar os seus valores e beneficios, así como impulsar o desenvolvemento sostible do medio rural.
O principal obxectivo da Estratexia Nacional de Restauración de Ríos é impulsar a xestión dos nosos ríos de xeito que acaden un bo estado ecolóxico, mellorando o seu funcionamento como ecosistemas, nos prazos previstos pola Directiva Marco da Auga.
Con este novo proxecto o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente pretende:
As Entidades Colaboradoras da administración hidráulica, en virtude do título correspondente, están habilitadas para as labores de apoio a esta Confederación Hidrográfica en materia de control e vixía da calidade das augas e de xestión de vertidos ao dominio público hidráulico.
A actividade fundamental destas entidades é certificar a información requirida no artigo101.3 do Texto Refundido da Lei de Augas. En dito artigo establécese que a efectos de outorgamento, renovación ou modificación das autorizacións de vertido, o solicitante debe acreditar perante a administración hidráulica a adecuación das instalacións de depuración e os elementos de control, así como o seu funcionamento ás normas e obxectivos de calidade das augas, e ás condicións nas que verten.
Primarase a posesión do título de entidade colaboradora para realizar actividades de apoio a este Organismo de bacía, tales como realizar o programa de control de vertidos, comprobar as actuacións executadas en emerxencias, verificar o cumprimento dos obxectivos e normas de calidade ambiental, realizar os programas de seguimento do estado das augas e outras funcións afíns encomendadas pola administración hidráulica.
Con data 5 de abril de 2006 publícouse no Boletín Oficial do Estado a Orden MAM/985/2006, de 23 de marzo, pola que se desenvolve o réxime xurídico das entidades colaboradoras da administración hidráulica en materia de control vixilancia de calidade das augas e de xestión dos vertidos ao dominio público hidráulico
Nesta orde establécense as condicións requiridas para obter o título de entidade colaboradora, así como o procedemento para revalidalo e as formas empregadas pola administración para o control do cumprimento das condicións nas que foi outorgado. Así mesmo, establece os procedementos para levar a cabo as labores de apoio á administración hidráulica e para a emisión dos certificados sobre as autorizacións de vertido. Finalmente determina as normas de organización e funcionamento do rexistro de entidades colaboradoras.
O Ministerio do Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño tamén desenvolveu unha serie de Instrucións Técnicas Complementarias que permiten ás entidades colaboradoras certificar os datos requiridos así como realizar labores de apoio encomendos pola administración hidráulica.
Ditas instrucións quedan reflectidas no seguinte documento: ORDEN MAM/3207/2006, do 25 de setembro, pola que se aproba a instrución técnica complementaria MMA-EECC-1/06, determinacións químicas e microbiolóxicas para a análise das augas
A Directiva 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas sinala no seu artigo 8 que os Estados Membros deberán establecer programas de seguimento do estado das augas con obxecto de obter unha visión xeral coherente e completa do estado das augas en cada demarcación hidrográfica.
Esta obrigación da DMA trasponse ao ordenamento nacional a través do artigo 92.ter do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas (TRLA). A través da que se encomenda á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil o control da calidade, a avaliación e seguimento do estado das masas de auga no seu ámbito territorial; esta obrigación engloba ás augas superficiais e ás subterráneas.
É importante destacar que os plans hidrolóxicos son a principal ferramenta para a xestión dos recursos hídricos e para lograr o bo estado das nosas augas superficiais e subterráneas e neles fíxanse obxectivos ambientais específicos para cada masa de auga, determínanse as medidas para aplicar e descríbense os programas de seguimento.
As redes de control son unha ferramenta necesaria que permite dar cumprimento á normativa vixente en materia de calidade de augas, así como garantir os obxectivos de calidade das augas establecidos no Plan Hidrolóxico da Demarcación.