Emprego Público

O persoal que forma parte deste Organismo autónomo, dependente do Minsiterio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, accedeu aos seus postos de traballo a través dos procesos selectivos legalmente establecidos: oposición, concurso e concurso - oposición.

Dependendo do xeito de acceso, podemos distinguir entre:

  • Emplego públicoPersoal funcionario, que en virtude do nomeamento legal está vinculado a unha Administración Pública por unha relación estatutaria regulada polo Dereito Administrativo para o desempeño dos servizos profesionais retribuídos de carácter permanente.
  • Persoal laboral, que en virtude de contrato formalizado por escrito, en calquera das modalidades de contratación de persoal previstas na lexilación laboral, presta servizos retribuídos polas administracións públicas. En función da duración do contrato, éste pode ser fixo, indefinido ou temporal.

Para obter información puntual de cada unha das convocatorias publicadas, pódese facer uso da páxina 060, www.060.es, creada polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, www.minhap.es, na que se obtén información dos procedementos en curso convocados por cada un dos departamentos ministeriais, coa sinxeleza de dispor de buscadores temáticos que aproximan á información solicitada.

Dende esta Confederación Hidrográfica invitámosvos a que empreguedes este servizo que o Goberno de España pon ao alcance de todos e todas.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.