Saneamento

SaneamientoA Dirección Técnica é unha unidade da Confederación Hidrográfica do Miño - Sil que ten encomendada a tramitación e xestión dos proxectos e obras hidráulicas que este Organismo realiza con cargo a fondos propios, e as que executa encomendadas polo Estado por ser declaradas de interese xeral.

Entre estas actuacións destacan as de saneamento e dupuración de aglomeracións urbanas, cuxo fin é o de resolver os problemas medioambientais xerados pola ineficiencia das infraestruturas de saneamento urbano existentes nestes núcleos.

Saneamiento

Para iso, contémplase a construción de novos sitemas integrais de saneamento, consistentes nunha nova rede xeral formada por colectores secundarios, que interceptan as augas residuais e pluviais canalizadas pola rede de alcantarillado municipal nas diferentes zonas do núcleo de poboación, acumulándoas en depósitos de retención denominados aliviadoiros ou tanques de tormentas cando os caudais son excesivos, e incorporándoas a colectores ou interceptores xerais que as trasladan ata a correspondente Estación Depuradora de Augas Residuais, onde as augas son sometidas a un proceso de depuración no que se eliminan todos os contaminantes precisos, para logo poida ser vertida ao medio receptor en condicións de non causar dano algún.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.