Comisaría de Augas
Segundo se recolle no artigo 4 do Real Decreto 266/2008, de 22 de febreiro, créase a Comisaría de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, co nivel orgánico de Subdirección Xeral.
Corresponden á Comisaría de Augas as funcións asignadas a esta Unidade Administrativa no artigo 4 do Real Decreto 984/1989, de 28 de xullo. Algunhas delas son:
- Xestión do Dominio Público Hidráulico, centrada fundamentalmente nos réximes de concesións e autorizacións dos aproveitamentos hidráulicos.
- A protección do Dominio Público Hidráulico, para conseguir e manter un axeitado nivel de calidade das augas.
- O control do Dominio Público Hidráulico, a través das autorizacións para as obras e a labor de policía de augas e os seus leitos, que se complementan coas actuacións de conservación de leitos e a realización de aforamentos e estudos de hidroloxía.
- Propostas de outorgamentos de concesións e autorizacións referentes ás augas e leitos de Dominio Público Hidráulico, así como as de establecemento de servidume, deslindes e modulacións.
- A actualización do Rexistro de Augas, do catálogo de augas privadas e do censo de vertido de augas residuais.
- Propostas de resolución en aplicación das normas do Regulamento de Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real Decreto 849/1986, de 11 de abril, en materia de policía de augas e os seus leitos.
- Inspección e vixilancia das obras derivadas de concesións e autorizacións do Dominio Público Hidráulico.
- Tramitación dos expedientes para a constitución de comunidades de usuarios e a aprobación dos seus regulamentos e ordenanzas, así como os referentes ás incidencias relacionadas con ditas Comunidades.
- Estudo e proposta dos canons a que fan referencia os artigos 104 e 105 da Lei de Augas.
- Análise e control da calidade das augas continentais, así como a proposta e seguemento dos programas de calidade da auga e dos convenios aos que se refire o artigo 295.4 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico. Os datos que se obteñan do exercicio desta función, comunicaranse ás autoridades sanitarias, cando os soliciten.
O actual Comisario de Augas da Confederación Hidrográfica do Miño- Sil é Xoán Carlos Nóvoa Rodríguez.