En febreiro de 2007, o Consello de Ministros aprobaba por Real Decreto 125/2007 a creación das Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte, O 22 de febreiro de 2008, dábase un paso máis coa aprobación do Real Decreto 266/2008 polo que se modificaba a Confederación Hidrográfica do Norte e dividíase en Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Confederación Hidrográfica do Cantábrico. Asemade, con esta modificación, as demarcacións hidrográficas do Miño-Limia e do Norte, pasaron a chamarse do Miño-Sil e Cantábrica, respectivamente.
A Confederación Hidrográfica do Miño - Sil converteuse na máis xoven de todas as existentes na Península. Tal e como se pon de manifesto no citado Real Decreto, as novas confederacións sucederon a título universal á Confederación Hidrográfica do Norte nos bens, dereitos e obrigas desta, no que se refire aos seus respectivos ámbitos territoriais.
A Confederación Hidrográfica do Norte (CHN), chamada Confederación Hidrográfica do Norte de España (CHNE) ata 1989, foi creada polo Decreto 480/61 de 16 de marzo de 1961 (PDF-881K), o que a convertía na máis recente de todas as que existen na Península. A súa entrada en funcionamento fíxose con 35 anos de atraso respecto da primeira delas, a Confederación Hidrográfica do Ebro. O primeiro antecedente da Confederación Hidrográfica do Norte remóntanse a 1865, cando se constituíron as Divisións Hidrolóxicas de Santander e de Ourense.
No seu momento, o retraso na constitución da Confederación Hidrográfica do Norte podía explicarse pola complexidade administrativa e topográfica que caracterizaba o ámbito territorial sobre o que exercería competencias. Dende o punto de vista administrativo, o territorio das bacías fluviais que finalmente remataron incorporándose ao Organismo, pertencía a catorce provincias distintas (Navarra, Guipúzcoa, Álava, Vizcaya, Burgos, Santander, Palencia, Asturias, León, Zamora, Lugo, Ourense, A Coruña e Pontevedra), algunhas delas moi distantes entre si.
Contravindo a idea orixinal de organizar as confederacións hidrográficas en torno a un único e gran río, a Confederación Hidrográfica do Norte de Españsa comprendía, na súa orixe, máis de 670 cursos de auga que desembocan na mar. O máis importante de todos eles é o formado polo sistema fluvial Miño-Sil, pero tamén poden destacarse, de oeste a este, os ríos Limia, Lérez, Umia, Ulla, Tambre, Eume, Mandeo, Mera, Sar, Landro, Eo, Navia, Esva, Nalón-Narcea, Sella, Deva-Cares, Nansa, Saja-Besaya, Pas, Miera, Asón, Agüera, Nervión-Ibaizábal, Deba, Urola, Oria, Urumea e Bidasoa.
.
Neste apartado da web da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), poderá atopar a información actualizada sobre as actividadades que desenvolve este Organismo de conca a través de Notas de Prensa, Temas de Actualidade, Multimedia, Entrevistas e Reportaxes.
Para cualquera consulta adicional pode poñerse en contacto connosco polos seguintes medios:
Correo Electrónico: presidencia@chminosil.es
Teléfonos: 988.399.404/988.399.400
No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".
Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".
En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.
Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.