Demarcación

No artigo 16 do Real Decreto 1/2001, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Augas, establécese o concepto de bacía, que se modifica ao incorporarse ao Dereito español a Directiva 2000/60/CE, que establece un marco de actuación no eido da política de augas. Aos efectos de esta transposición, enténdese por bacía hidrográfica "a superficie de terreo cuxa escorrentía superficial flúe na súa totalidade a través dunha serie de correntes, ríos e eventuais lagos cara o mar por unha única desembocadura, estuario ou delta. A bacía hidrográfica como unidade de xestión do recurso considérase indivisible".

Esta mesma transposición engade ao RD 1/2001 o artigo 16 bis, co que introduce a figura da Demarcación Hidrográfica: " (...) Enténdese por Demarcación Hidrográfica a zona terrestre e mariña composta por unha ou varias bacías hidrográficas veciñas e as augas de transición, subterráneas e costeiras asociadas ás devanditas bacías (...) O Goberno, por Real Decreto, fixará, oídas as Comunidades Autónomas, o eido territorial de cada demarcación Hidrográfica que será coincidente co seu plan hidrolóxico".

En febreiro de 2007, aprobouse o Real Decreto 125/2007, mediante o que se define o ámbito territorial das Demarcacións Hidrográficas, quedando asentadas no ámbito de actuación da Confederación Hidrográfica do Norte (CHN) as Demarcacións Hidrográficas Miño-Limia e Norte.

Segundo establece o Real Decreto 266/2008, de 22 febreiro, a Confederación Hidrográfica do Norte modifícase quedando dividida en dúas novas confederacións: a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) e a Confederación Hidrográfica do Cantábrico (CHC). Este mesmo Real Decreto dispón que as Demarcacións Hidrográficas do Miño-Limia e Norte pasan a chamarse Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil e do Cantábrico, respectivamente.

Ámbito territorial da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil Ampliar imaxe

Recursos Hídricos

A auga atópase na natureza en diversas formas, pero non todas son utilizables polo ser humano.

LluviaO recurso hídrico consumible é a auga continental doce, tanto superficial, de ríos e lagos, como subterránea. A utilidade desta auga inclúe aos sectores agrícola, industrial, recreativo, de consumo humano e de actividades ambientais.

O 97,5% da auga na terra é auga salgada, o que deixa só o 2,5% de auga doce, das que máis de dous terzos está conxelada nos glaciares e casquetes polares.

O resto da auga doce atópase principalmente nas augas subterráneas, con só unha pequena fracción na actualidade por enriba do chan o do aire.

 

 

Inventario dos Recursos Hídricos Naturais (PDF-10.57MB)

Parte Hidrolóxico Semanal

Estado dos Encoros

Histórico de Encoros

Recursos Hídricos Anuais

Fenómenos Extremos

Secas

Inundacións

Risco de Inundación na bacía

Informe Hirlam

Órganos de Goberno

Presidente do Organismo

  • Funcións:
    • A representación legal do Organismo.
    • A función directiva e executiva do Organismo.
    • O coidado de que os acordos dos Órganos Colexiados se axusten á legalidade.

Xunta de Goberno

  • Composición:
    • A Administración Xeral do Estado.
    • Os usuarios da auga.
    • As comunidades autónomas.
    • As provincias (de acordo coa porcentaxe do seu territorio afectado pola bacía hidrográfica).
  • Funcións:
    • Aprobar os plans de actuación do Organismo.
    • Preparar os asuntos que se sometan ó Consello da Auga da Demarcación.
    • Propor ao Consello da Auga da Demarcación a revisión do Plan Hidrolóxico correspondente.

 

Órgano de Participación e Planificación

Consello da Auga da Demarcación

O artigo 3.5 do Real Decreto Lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Augas, crea o Consello da Auga das demarcacións hidrográficas de concas intercomunitarias co obxectivo de fomentar a información, consulta pública e participación activa na planificación hidrolóxica. Pola súa banda, o Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro, establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

As funcións que corresponden ao devandito Consello son:

  • Promover a información, consulta e participación pública no proceso planificador.
  • Elevar ao Goberno, a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico o Plan Hidrolóxico da demarcación e as súas ulteriores revisións.
  • Informar as cuestións de interese xeral para a demarcación.
  • Informar as cuestións relativas á protección das augas e á mellor ordenación, explotación e tutela do dominio público hidráulico ou as que lle sexan encomendadas polo Presidente ou a Xunta de Goberno do Organismo de conca

Composición:

O Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil está constituído por un Presidente, dous Vicepresidentes, un Secretario e os Vogais que se concretan no artigo 5 do mencionado Real Decreto 1365/2011, do 7 de outubro.

Será Presidente do Consello da Auga o do Organismo de conca. A Vicepresidencia Primeira corresponderá ao vogal que resulte elixido por e entre os que representen ás Comunidades Autónomas. A Vicepresidencia Segunda recaerá sobre o vogal que resulte elixido por e entre os vocais representantes dos usuarios. Como Secretario do Consello, con voz pero sen voto, actuará o Secretario Xeral do Organismo de conca.

 

 

 

 

 

 

Órganos de Xestión

  • Xunta de Explotación
    Ten por finalidade coordinar, respectando os dereitos derivados das correspondentes concesións e autorizacións, a explotación das obras hidráulicas e dos recursos da auga daquel conxunto de ríos, río, tramo de río ou unidade hidroxeolóxica cuxos aproveitamentos estean especialmente interrelacionados. Os seus integrantes son:
    • O Director Técnico do Organismo da Bacía.
    • Os membros do Organismo de Bacía que sexan designados ó efecto polo Presidente. Estes asistirán con voz, pero sen voto.
    • Os representantes dos usuarios afectados.
  • Xuntas de Obras
    A Xunta de Goberno, a petición dos futuros usuarios dunha obra xa aprobada, poderá constituír a correspondente Xunta de Obras, na que participarán tales usuarios, a fin de que estean directamente informados do desenvolvemento e incidencias de dita obra.
  • Comisión de Desencoro
    Correspóndelle deliberar e formular propostas ao Presidente do Organismo sobre o réxime adecuado de enchido e baleirado dos embalses e acuíferos da bacía, atendidos os dereitos de concesión dos distintos usuarios.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.