Las actuaciones a ejecutar por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A., cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) son las siguientes:
Nueva Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR) de Maceda (Ourense)
Estación Depuradora de Aguas Residuales (EDAR) de Sarria (Lugo)
Recóllese neste apartado información relativa a aproveitamentos de auga para uso hidroeléctrico cuxa extinción foi declarada, e nos que existen obras construídas para a explotación que revertirán ao Estado, de acordo co establecido no artigo 132 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
Publícase, por ser de interese público, unha listaxe provisional daqueles aproveitamentos, así como os estudos realizados pola CHMS sobre a viabilidade para a súa explotación futura con fins hidroeléctricos.
Central |
Río |
Término municipal |
Provincia |
Boeza |
Folgoso de la Ribera |
León |
|
Boeza |
Folgoso de la Ribera |
León |
|
Burbia |
Toral de los Vados |
León |
|
Sil |
Ponferrada |
León |
|
Enviande |
Chantada |
Lugo |
|
Mao |
O Incio |
Lugo |
|
Lonia |
Pereiro de Aguiar |
Ourense |
|
Arnoia |
Ramirás e Cartelle |
Ourense |
|
Edo |
A Teixeira |
Ourense |
Ourense, 28 de Maio de 2019
De acordo co apartado 1 do artigo 21 do Real Decreto 903/2010, de 9 de xullo, de avaliación e xestión de riscos de inundación, a Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) actualizarase como moi tarde o 22 de decembro de 2018, e a continuación cada seis anos.
A tales efectos, a documentación da “Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo” da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil someteuse a consulta pública nesta páxina WEB e nas oficinas da Comisaría de Augas (Comisaría Adxunta – Rúa Progreso, nº 6 – 32003 – Ourense) por un prazo de 3 meses, tras a súa publicación no BOE nº 226 de 18/09/2018.
De acordo co apartado 4 do artigo 7 do citado Real Decreto 903/2010, tras finalizar o período de consulta pública da EPRI de 2º ciclo (18 de decembro de 2018) e unha vez analizadas e informadas as alegacións, o documento final da revisión e actualización da Avaliación Preliminar de Risco de Inundacións ( EPRI) someteuse a informe do Comité de Autoridades Competentes da Demarcación, regulado no R.D. 126/2007, do 2 de Febreiro, en reunión de data 21 de febreiro de 2019, informando o mesmo favorablemente.
Finalmente, de conformidade co artigo 7.5 do citado Real Decreto 903/2010, unha vez informada favorablemente o 8 de abril de 2019 polo Consello Nacional de Protección Civil e cumpridos os trámites establecidos na normativa, por resolución de data 12 de abril de 2019 ( B.O.E. nº 126 de 27/05/2019 ) o Ministerio para a Transición Ecolóxica acordou aprobar a revisión e actualización da Avaliación Preliminar do Risco de Inundación ( EPRI) da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.
Exponse nesta páxina WEB, o documento final da "Revisión e Actualización da EPRI-2º Ciclo" da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil”, aprobado polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.
EPRI - 2º ciclo
(Revisión e Actualización da Avaliación Preliminar de Riscos de Inundación).
ENLACE FASES PREVIAS
DÚBIDAS E COMENTARIOS
Co obxectivo de enriquecer e mellorar esta documentación que pretenden reducir as consecuencias negativas das inundacións sobre a poboación, as actividades económicas, o medio ambiente e o patrimonio cultural en base ao disposto na Directiva 2007/60/CE e o Real Decreto 903/2010, habilítase a seguinte dirección electrónica:
1. Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca. D. H. Norte.
O Plan Especial ante situacións de alerta e eventual seca ( P.E.S.) foi aprobado pola Orde MAM/698/2007, do 21 de marzo e entre os seus obxectivos principais atópase o de minimizar os impactos ambientais, económicos e sociais en situacións de seca, así como mellorar a xestión do recurso hídrico durante as situacións de escaseza na conca.
2. Informes ao Plan Especial.
3. Alegaciones ao Plan Especial.
Último parte: Setembro 2025 | Mapa seca | Mapa escenario
Índice de seca prolongada: Sinala a falta de precipitacións que ocasiona un descenso significativo dos caudais circulantes
Escenario de escaseza conxuntural: Indica a dificultade para satisfacer as demandas dos diferentes usos (abastecemento, agrario, industrial,…)
Partes Emitidos :