“Prevención de Riscos de Inundacións e Secas na Conca internacional do Miño-Limia”
Como consecuencia da sentenza do Tribunal Supremo do 4 de novembro de 2011 que anula a Orde MAM/85/2008, do 16 de xaneiro, pola que se establecían os criterios técnicos para a valoración de danos ao dominio público hidráulico e as normas sobre toma de mostras e análises de verteduras de augas residuais como pauta para a tipificación das infraccións administrativas en materia de augas, aprobouse o Real Decreto 670/2013, do 6 de setembro, que modifica o Regulamento do Dominio Público Hidráulico, aprobado polo Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, desenvolvendo así os criterios e fórmulas que se aplicarán para valorar os danos ao dominio público hidráulico polos feitos que puidesen ser constitutivos de infracción en materia de augas, que servirán para tipificar a infracción e asignar a correlativa sanción de acordo co principio de proporcionalidade.
De acordo co artigo 326.bis do citado Regulamento do Dominio Público Hidráulico e en virtude das competencias conferidas polos artigos 118 e 28.j) da Lei de Augas, a Xunta de Goberno da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en sesión ordinaria celebrada o 5 de abril de 2017 aprobou os seguintes "Criterios e prezos para a determinación dos danos ao dominio público hidráulico por infraccións da Lei de Augas".
En cumprimento do artigo 87, “Seguimento dos plans hidrolóxicos”, do Regulamento da Planificación Hidrolóxica, aprobado polo Real Decreto 907/2007, do 6 de xullo , no que se sinala no seu apartado 4º) “…Devanditos organismos (referidos aos organismos de conca), no caso de demarcacións hidrográficas con concas intercomunitarias, informarán con periodicidade non superior ao ano ao Consello da auga da demarcación e ao Ministerio de Medio Ambiente (agora Ministerio para a Transición Ecolóxica) sobre o desenvolvemento dos plans. Así mesmo informarán as administracións ás que consultasen sobre os extremos pertinentes …”, nas seguintes ligazóns pódense consultar o primeiro e segundo informe de desenvolvemento e seguimento do plan 2016-2021, para os anos 2016 e 2017 respectivamente. O Consello da auga da demarcación ( CAD) foi informado sobre o desenvolvemento e seguimento do plan na sesións celebrada o 5 de abril de 2017 (primeiro informe de desenvolvemento) e 1 de xuño de 2018 (segundo informe de desenvolvemento). Os precitados informes foron remitidos ao Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente con data 17 de abril de 2017 e 6 de xuño de 2018.
1º) PRIMEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2016.
2º) SEGUNDO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. ANO 2017.
Por outra banda no link sinalado a continuación pódese descargar o terceiro informe de desenvolvemento do plan hidrolóxico 2016-2021, aprobado mediante o Real Decreto 1/2016 do 8 de xaneiro, e que será presentado ao Consello da auga da demarcación ( CAD) na súa próxima sesión plenaria, en cumprimento do artigo 87, “Seguimento dos plans hidrolóxicos”, do Regulamento da Planificación Hidrolóxica e que foi enviado ao Ministerio para a Transición Ecolóxica o 19 de decembro de 2019 en cumprimento do aludido artigo 87.4º):
3º) TERCEIRO INFORME DE DESENVOLVEMENTO E SEGUIMENTO DO PLAN HIDROLÓXICO MIÑO-SIL. AÑO 2018.
Dentro do Programa Operativo de Castela e León 2007-2013 a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ten outorgadas axudas do FEDER para actuacións do eixo 3 (Medio ambiente, contorna natural e prevención de riscos) na categoría de gasto 53 (Prevención de riscos). A actuación cofinanciada por este Fondo e que estn ejecutads é a seguinte:
Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)
"Una manera de hacer Europa"
La Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. es beneficiaria en el período 2014-2020 del Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER) dentro del Programa Operativo Plurirregional de España.
El agua es uno de los recursos naturales que, por su carácter escaso en España, debe protegerse con mayor intensidad. En particular, la calidad del agua es uno de los parámetros básicos que deben contribuir a nuestro modelo de desarrollo sostenible.
Las inversiones del Programa Operativo Plurirregional de España 2014-2020 en el ámbito del agua se concentrarán en completar las infraestructuras necesarias para cumplir los hitos establecidos en la Directiva de saneamiento y depuración de aguas residuales (Directiva 91/271/CE)
El objetivo temático 6 de dicho Programa Operativo está destinado a “preservar y proteger el medio ambiente y promover la eficiencia de los recursos”, en el que dentro del objetivo específico “culminar los requisitos de la Directiva Marco del Agua a través de la inversión en infraestructuras de saneamiento, depuración y reutilización de aguas residuales, y mejora de la calidad del agua”, se encuadran las actuaciones a desarrollar por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, O.A. que serán cofinanciadas por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER).