Plan de Inundaciones

Informe Hirlam

O Centro de Control (CECU) do Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) elabora diariamente un informe de estima de precipitación acumulada en 29 sistemas (conca, subconca ou agrupación de concas), correspondentes ao ámbito xeográfico da Confederación Hidrográfica del Miño - Sil.

A través dun Convenio de Colaboración de Intercambio de Datos entre a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMet) e a Dirección Xeral da Auga (DGA) do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a Confederación Hidrográfica do Miño - Sil (CHMS) recibe os datos numéricos de precipitación acumulada, cun alcance de 72 horas, do modelo Hirlam (High Resolution Limited Area Model) que é un modelo rexional (área limitada) de predición numérica do tempo que, cada 6 horas, confecciona a AEMet.

Cos datos numéricos recibidos no Centro de Bacía da Confederación Miño - Sil confecciónanse, diariamente, empregando un Sistema de Información Xeográfica, tres mapas coa estimación da precipitación acumulada en 24 horas e cun alcance de 72 horas (3 días), para todo o ámbito da Confederación.

A través do SIG confecciónanse unhas táboas cos valores da estimación da precipitación media e a máxima puntual en 24 horas para cada sistema definido no Plan Hidrolóxico de Bacía.

Como criterio interno, e co fin de facer un seguimento máis exhaustivo das posibles precipitacións que se produzcan, así como as súas consecuencias no que fai ao aumento de caudal dos ríos y posibles riscos de inundación, establecéronse unhos umbrales que, en caso de ser superados en calquera dos sistemas da Conca, desencadean un protocolo de actuación por parte do Centro de Bacía.

A través ESTE ENLACE pode acceder aos últimos informes de previsión da precipitación elaborado polo Centro de Bacía da Confederación. Nestes informes, inclúese a predicción para tres días cos datos do primeiro deles ás 00.00 horas.

 

Redes de Control da Calidade

AGUAS SUPERFICIAIS

A Rede de Control do Estado das Masas de Augas Superficiais (CEMAS) da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil intégrase polos seguintes programas/subprogramas:

  • Programa de control de vixilancia.
    O seu obxecto é obter unha visión xeral e completa do estado das masas de auga e está integrado polos subprogramas:
    • Subprograma de seguimento do estado xeral das aguas (VIG-01)
    • Subprograma de referencia (VIG-02)
    • Subprograma de control de emisións ao mar e transfronteirizas (VIG-03)
  • Programa de control operativo (OPE).
    Asígnase a aquelas masas nas que existe un risco de incumprimento dos obxectivos ambientais da DMA, así como nas masas de auga nas que existan vertidos de substancias prioritarias.
  • Programa de control de zonas protexidas.
    Se a masa está no Rexistro de Zonas Protexidas, neste caso, os programas de control compleméntanse para cumprir os requisitos adicionais de control mediante:
    • Programa de control de augas destinadas para el abastecemiento (ZP-01)
    • Programa de control nitratos (ZP-02)
  • Programa de control de investigación (INV).
    Se implanta ante o descoñecemento da orixe do incumprimento dos obxectivos medioambientais e cando é necesario estudar o impacto provocado na agua por determinadas presións poco coñecidas ou difíciles de cuantificar.
Os puntos que integran a Rede CEMAS das aguas superficiais, as súas estaciones e os programas/subprogramas asignados móstranse no documento REDE DE CONTROL DE AUGAS SUPERFICIAIS CHMS (PDF-747KB)

AUGAS SUBTERRÁNEAS

A Rede de Control do Estado Químico das Augas Subterráneas (CEQ) da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pretende mostrar unha información fiable do estado cualitativo de todas as masas de auga. Dita Rede intégrase polos seguintes programas:

  • Programa de control de vixilancia (VIG).
    Ten como obxectivo obter unha visión xeral e completa do estado das masas de auga.
  • Programa de control operativo (OPE).
    Asígnase a aquelas masas nas que existe un risco de incumprimento dos obxectivos ambientais da DMA, así como nas masas de auga nas que existan vertidos de substancias prioritarias.
  • Programa de control de zonas protexidas:
    • Programa de control de augas destinadas para o abastecemento (ZP-01)
    • Programa de control nitratos (ZP-02)
  • Programa de control de investigación (INV).
    Implántase ante o descoñecemento da orixe do incumprimento dos obxectivos ambientais e cando é necesario estudar o impacto provocado na auga por determinadas presións pouco coñecidas ou difíciles de cuantificar.
As estacións que constitúen a Rede de CEQ das augas subterráneas e os programas asignados móstranse no documento REDE DE CONTROL DE AUGAS SUBTERRÁNEAS CHMS (PDF-570kB)

SAICA

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.