PROGRAMA OPERATIVO DE GALICIA (FEDER)
O día 5 de marzo de 2007, España presentou á Comisión Europea unha proposta de Programa Operativo para a Comunidade Autónoma de Galicia, que reunía as condicións do obxectivo converxencia en virtude do artigo 5, apartado 1, do Regulamento (CE) 1083/2006 do Consello, do 11 de xullo de 2006. Mediante Decisión da Comisión C(2007)6079, do 30 de novembro de 2007, a Comisión Europea aprobou o Programa Operativo FEDER/DOCUP de Galicia 2007-2013, cun importe máximo de axuda de 2.191.544.341 euros. A través deste Programa Operativo fináncianse mediante axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional actuacións executadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil na Comunidade Autónoma de Galicia.
PROGRAMA OPERATIVO FONDO DE COHESION-FEDER
O día 1 de marzo de 2007, España presentou á Comisión Europea o Programa Operativo de Fondo de Cohesión-FEDER 2007-2013 no marco do obxectivo de converxencia, con asistencia do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para as Comunidades Autónomas de Andalucía, Castela-A Mancha, Extremadura e Galicia, que reúnen as condicións do obxectivo de converxencia en virtude do artigo 4, apartado 1 e 2 do Regulamento (CE) n.º 1083/2006 e do Fondo de Cohesión en todo o territorio, que reúne as condicións do obxectivo de converxencia en virtude do artigo 8, apartado 3 do devandito Regulamento. Este Programa Operativo foi aprobado por Decisión da Comisión C(2007)6315 do 7 de decembro de 2007. O importe máximo da axuda do FEDER, concedida queda establecida en 1.356.951.334 euros e o importe máximo da axuda do Fondo de Cohesión concedida no marco do programa Operativo queda establecido en 3.543.213.008 euros. A través deste Programa Operativo fináncianse actuacións executadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil nas Comunidades Autónomas de Castela e León e Galicia.