O obxectivo do Proxecto consistiu en dotar ás poboacións de Areas, Randulfe, Pexegueiro e Malvas dunha nova estación de bombeo e colectores de impulsión co fin de que se poida levar a cabo un saneamento destas e da súa contorna.
Como actuacións complementarias á estación de bombeo modificouse o trazado dos colectores de chegada á mesma, repúxose un pozo deteriorado situado no regacho de San Martiño, así como varios pavimentos e finalmente dotouse á estación de bombeo dos servizos necesarios.
Os traballos consistiron na execución da nova estación de bombeo de augas residuais en Areas-Tui (Pontevedra) e o colector da impulsión, debido á a necesidade do saneamento das poboacións de Areas, Randufe, Pexegueiro e Malvas e a condución destas augas á E.D.A.R. máis próxima.
Trátase dunha rede separativa que recolle augas residuais das poboacións de Areas, Pexegueiro, Malvas, Randulfe e o polígono industrial existente entre elas (rede separativa de saneamento de vivendas e augas industriais con estación de bombeo).
A entrada das augas na estación de bombeo realízase mediante un pozo que reune o conxunto das derivacións e enviaraas mediante un colector de PVC e DN-500 á estación de bombeo de cámara mergullada composta por cinco cámaras (entrada con aliviadoiro, desarenador-decantador, canles de desbaste, cámara de bombas e cámara de chaves).
A estación está situada nunha parcela de pradería arbustiva e bombeará mediante unha impulsión realizada en colector a presión ata a cota do pozo de rotura de carga.
A lonxitude da tubaxe é de 156 metros. O colector de impulsión instalouse nunha gabia con cama de area e recheo de terras da propia escavación. O caudal punta a bombear de deseño é de 116,9 l/s cunha altura de bombeo de 14,3 m. a través de bombas sumergibles de 32 KW.
O trazado da tubaxe de impulsión fíxose na súa maioría baixo pavimento e unha pequena parte pertencente a unha parcela sen pavimentar, polo que levou asociadas as correspondentes demolicións e reposicións para a súa execución.
A estación de bombeo realizouse mediante muros pantalla en formigón armado, sendo a armadura de barras de aceiro B-500-S.
Executáronse ademais, tres pozos de rexistro de 60 cm. de diámetro interior e 1 a 3 m. de altura útil interior (dependendo do pozo, formado por soleira de formigón HA-25/P/40/l, de 20 cm. de espesor, lixeiramente armada con mallazo, e corpo do pozo de formigón en masa HM-20/P/40/l.
Ademais reparouse un pozo de rexistro deteriorado no Dominio Público Hidráulico do regacho de San Martiño. Dita reparación consistiu en volver conectar dous colectores (provenientes do polígono) nun pozo de rexistro novo proxectado previo á conexión co pozo que se repón.