Acondicionar un paseo para viandantes e ciclistas, que discorre na súa maior parte paralelo á ribeira do río Regueiro na súa marxe esquerda, por ser un lugar moi frecuentado polos habitantes do ámbito.
Traballos previos
Este labor consistiu no desmontaje, por medios mecánicos e manuais, dun muro de pedra de 3 m. de lonxitude e 1.50 m. de altura situado aproximadamente no PK 100,000.
Despexe e roce
Realizouse un roce selectivo (mecanizado ou manual) e limpeza do terreo, ata eliminación de especies invasoras, con talla selectiva e retirada de arbolado, carga e transporte dos produtos sobrantes, incluída a eliminación de tocones. Este labor irá precedida do correspondente estudo da vegetación da zona e posterior balizamento das especies a protexer.
Senda peatonal
Previamente á construción da senda realizouse unha explanación e rasanteo de terras por medios mecánicos e manuais para a nivelación do terreo.
A senda peatonal cun total de 235 ml. é de pavimento de material granular compactado de 7 cm. de espesor realizado con jabre granítico cribado estabilizado con 6 kg/m2 cemento sobre explanada de zahorra artificial de 20 cm. de espesor.
A senda está confinada cun bordo de táboa de madeira de piñeiro silvestre de 7 cm. de espesor, tanalizado ao baleiro en autoclave, enrasado con pavimento, tirafondeado a estaquillas de fijación de media cana de rollizo tratado de 5 cm. de diámetro e unha lonxitude de 50 cm.
Debido á existencia de zonas de elevada pendente nas que os fenómenos de escorrentía poden danar o carreiro, disponse un sistema de drenaje consistente nun tubo perforado de PVC DN 200 mm. con reencho de material granular e geotextil cubrindo o conxunto. Nos puntos baixos do terreo realízanse gabias de sangrado ao río da mesma sección tipo.
Pasarela de madeira
Procédese á comunicación de ambas marxes do regato do Regueiro mediante a construción dunha pasarela de madeira, fácilmente integrable na paisaxe rural e natural da canle, as superficies de ribeira e as súas contornas.
A pasarela proxéctase dun só van, con luz de 10 m. e un ancho útil de 2,00 m. Os estribos de apoio constrúense mediante zapatas de hormigón de dimensións 2.50x1.20x0.40 m, realizando previamente un saneo no terreo que garanta unha superficie de apoio estable. Combínase madeira de Piñeiro vermello (Pinus silvestris) en madeira laminada e piñeiro do país (Pinus pinaster) para madeira maciza.
A pasarela ten unha anchura de 2,0 m. e está formada por dous vigas principais, riostras, viguetas, pés dereitos de barandilla e pasamanos segundo seccións MLE (madeira laminada encolada clase III) e taboleiro de piso ranurado, barrotillos e diagonales segundo seccións MA (madeira aserrada clase III). Os herrajes, sujeciones e clavazón son en aceiro inoxidable.
Senllas de madeira
Ao obxecto de garantir un cómodo acceso por zonas onde existen condicións de hidromorfia no terreo, executouse unha senda de madeira de 20 ml. de piñeiro silvestre, de 2,00 m. de ancho, formada por pilotes de 16/18 cm. de diámetro, durmientes de 20 x 10 cm., correas de 15 x 7.5 cm. e tarima rayada de 20 x 4.5 x 200 cm., entre os P.K. 120,000 e o PK 140.000.
Pavimento de hormigón
Executouse un pavimento continuo de formigón imprimido de 38 ml. de lonxitude con drenaxe transversal, nunha zona onde a elevada pendente do terreo e un ámbito caracterizado pola presenza de muros de bloque formigón, desaconsellan a execución dun sendeiro de jabre estabilizado.
Pechadura de leiras
Se delimita a zona de expropiación ao bordo do camiño con 250 ml. de barandilla formada por postes verticais de 12ø x 150 cm. con media lúa no seu extremo superior para encaixe de larguero horizontal de 8ø x 200 cm. toda ela tratada en autoclave. Incluíndo porta de acceso ás leiras.
Plantaciones complementarias
Consiste na revegetación da zona de actuación con especies pratenses, arbustivas e arbóreas acordes coa vegetación potencial do área de estudo.
En todas aquelas zonas que sexan afectadas e susceptibles de ser restauradas, tales como noiros, rampas de acceso á canle, etc., procédese a realizar unha sementa manual a bato a razón de 250 Kg/ha cunha mestura de sementes constituída por Dactylis glomerata, Lolium perenne, Lolium multiflorum, Trifolium repens e Trifolium pratense entre outras.
Procedeuse a realizar a plantación de varios exemplares arbóreos de especies como alisos (Alnus glutinosa) e fresnos (Fraxinus angustifolia).