Protección das marxes do río Louro mediante a consolidación dos noiros e a reconstrución dun dique. Así mesmo realizouse a reposición dunha senda peonil.
A actuación consistiu na colocación de dique en rocha machucada cor silvestre de máis de 1.000 kg, con arestas cortantes, colocada a máquina. Previo á súa colocación realizáronse diversas actividades, destacando as seguintes:
Tamén se procedeu á reconstrución dun dique existente que se encontraba en moi mal estado. Este dique reconstruíuse mantendo o peso, forma e natureza das pedras da orixinal. Ademais de aproveitar o material existente tívose que realizar unha achega de pedra importante. Así mesmo, na súa parte superior incluíuse unha plantación de vexetación.
Unha vez finalizada a reconstrución procedeuse á reposición do sendeiro afectado, devolvéndoo ao seu estado orixinal. A medición final de reconstrución de dique foi de 240 metros cúbicos.