Proxecto de actuacións prioritarias no saneamento de Porriño (Pontevedra)

Descrición e datos técnicos
Situación
O Porriño. Pontevedra
Tipo
Saneamento e depuración
Estado
Finalizada
Orzamento
2.500.000 euros
Financiamento
80% Fondos FEDER, 20% Xunta de Galicia
Prazo
18 meses
Obxectivo

O concello do Porriño, situado na área de influencia da cidade de Vigo, destaca polo seu forte carácter industrial; dentro do ámbito natural, merece unha reseña o lugar de interese comunitario (LIC) das Gándaras de Budiño; estes humidais albergan gran cantidade de especies faunísticas, que son de vital importancia para a conservación das mesmas.

Para manter este espazo e evitar incrementar a deterioración das augas fluviais é necesario dispoñer dun sistema de saneamento eficiente que cumpra os obxectivos da Directiva Marco da auga. A pesar da construción da E.D.A.R. de Guillarei, a maior parte da poboación do Porriño non dispoñía dun sistema de saneamento e os seus habitantes debían recorrer a sistemas de saneamento individuais. Existía unha rede de colectores que foron executados no seu momento pero non tiñan conexión co sistema xeral do Louro. Ante esta situación foi necesario e prioritario fronte a outras actuacións posibles conectar os saneamentos xa executados ao sistema xeral do Louro.

As accións que se executaron teñen por obxectivo recoller as augas residuais de redes existentes (que anteriormente se atopaban fóra de servizo) para conducilas ata os colectores do Louro e poder así realizar a súa entrega na E.D.A.R. de Guillarei situada no concello de Tui.

Descrición

A obra consistiu na execución de colectores en seis zonas rurais do concello do Porriño, que se sitúan entre o núcleo de Carracido, ao norte do municipio, e as Parroquias de Chenlo e Budiño, situadas ao sur.

As obras incluíron a construción de seis bombeos, dous deles prefabricados, nos que se implantaron un total de doce bombas trituradoras.

Empregouse tubaxe de PVC para a rede que discorre por gravidade e polietileno nas impulsións. Os pozos de rexistro son de formigón executados in situ en case todas as actuacións exceptuando aquelas en as que os pozos se atopan sometidos á presenza dun alto nivel freático, onde se empregaron pozos prefabricados con base estanca.

Así mesmo executouse unha pequena pista de zahorra de 1,5 m. de ancho que discorre pola zona de servidume do río Couso (actuación de Cans). Esta pista sitúase sobre o colector que se executou, permitindo o mantemento do colector no citado tramo e á súa vez facendo posible o paso pola zona de servidume.

 

25/11/2015 Recepción das obras
23/11/2015 Final das obras
24/04/2014 Comezo das obras

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.