CHMS investirá 1.4 millóns de euros en mellorar o sistema de saneamento do municipio lucense de Taboada

"Existe unha dobre problemática, por unha banda, as verteduras procedentes das rúas Academia e Anduriñas que chegan a unha fosa séptica sen capacidade suficiente e, por outra banda, a vertedura da EDAR...

A CHMS e as universidades da Coruña e de Salamanca estudarán a estabilidade do túnel romano sobre o río Sil en Montefurado

"Obterase información científico-técnica sobre as condicións de estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso no que se asenta, así como das condicións hidrodinámicas do río Sil...

A CHMS mellora o saneamento do municipio ourensán de Vilar de Barrio cun investimento total de 700.000€

"Actuacións executadas en 2 fases, na 1ª procedeuse á construción de 6 pequenas depuradoras compactas e na 2ª, actualmente en execución, constrúense 2 máis coas que se completará o total do proxectado"...

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga

Encargo para o servizo de conservación e mellora ambiental dos leitos da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia 2023. PdM Miño-Sil CHCH0XCET29UR2045

logo fondos europeos

 

DESCRICIÓN DA OPERACIÓN:

O obxectivo da operación do "Encargo para o Servizo de Conservación e Mellora Ambiental dos leitos da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia 2023" é o de conservar e restaurar a hidromorfoloxía natural dos leitos para mellorar a resiliencia dos ecosistemas fluviais e por tanto, a súa adaptación ante o cambio climático. Ao mesmo tempo, preténdese minimizar o risco de inundacións en núcleos urbanos, infraestruturas ou parcelas próximas aos leitos fluviais. Todo iso a través de traballos selvícolas encamiñados a mellorar ou restaurar o bosque autóctono de ribeira, recuperar a morfoloxía fluvial natural a través da retirada de barreiras artificiais que modifiquen o comportamento natural do río e actuacións de restauración hidrolóxico-forestal para o control da erosión e a protección de marxes con solucións baseadas na natureza.

Estas actuacións enmárcanse dentro do Obxectivo Específico 2.4, que pretende "Favorecer a adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de catástrofes, así como a resiliencia, tendo en cuenta os enfoques baseados nos ecosistemas", que están suxeitas ao cumprimento da Condición Favorecedora 2.4 "Marco eficaz de xestión do risco de catástrofes" de acordo con o establecido no Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.

A operación está prevista no Plan Hidrolóxico da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil (aprobado polo Real Decreto 35/2023, do 24 de xaneiro), o cal recolle un Programa de Medidas (anexo XII), entre as que se atopa: CHCH0XCET29UR2045 Programa xeral de conservación de masas de auga.

Por último, a operación tamén cumpre co previsto no Plan de xestión do risco de inundación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil (aprobada por Real Decreto 26/2023, do 17 de xaneiro), xa que recolle as seguintes medidas:

• Programa de mantemento e conservación de leitos.
• Restauración fluvial, medidas en leito e en chaira de inundación.
• Melloras estruturais que implican intervencións físicas en leitos.

 

Os traballos execútanse en diferentes tramos de río que requiren intervención en base aos obxectivos anteriormente descritos e, unha vez finalizados, elabórase unha memoria final para cada un deles recollendo, entre outras, a información xeográfica, gráfica e orzamentaria de cada intervención.

INVESTIMENTO PREVISTO PERÍODO 2021-2027: 7.811.922 €
IMPORTE TOTAL DA AXUDA: 4.687.153 €
ESTADO: EN EXECUCIÓN

 

     

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.