CHMS investirá 1.4 millóns de euros en mellorar o sistema de saneamento do municipio lucense de Taboada

"Existe unha dobre problemática, por unha banda, as verteduras procedentes das rúas Academia e Anduriñas que chegan a unha fosa séptica sen capacidade suficiente e, por outra banda, a vertedura da EDAR...

A CHMS e as universidades da Coruña e de Salamanca estudarán a estabilidade do túnel romano sobre o río Sil en Montefurado

"Obterase información científico-técnica sobre as condicións de estabilidade e resistencia dos materiais do túnel e do macizo rochoso no que se asenta, así como das condicións hidrodinámicas do río Sil...

A CHMS mellora o saneamento do municipio ourensán de Vilar de Barrio cun investimento total de 700.000€

"Actuacións executadas en 2 fases, na 1ª procedeuse á construción de 6 pequenas depuradoras compactas e na 2ª, actualmente en execución, constrúense 2 máis coas que se completará o total do proxectado"...

A CHMS inviste máis de 120.000 euros nunha obra de paso sobre o río Bidueiro no municipio ourensán de Rairiz de Veiga

"Procedeuse á demolición da infraestrutura antiga e en moi mal estado, para executar unha nova, que conta coa capacidade hidráulica suficiente tal e como esixe a normativa" explicou Quiroga

Mediante o artigo 36.5 do Plan Hidrolóxico da parte española da demarcación hidrográfica do Miño-Sil, aprobado polo Real Decreto 35/2023, do 24 de xaneiro, suspendeuse de forma temporal a tramitación de autorizacións para a instalación de pantaláns nos encoros dos ríos Miño e Sil pertencentes á Ribeira Sacra ata que se aprobase un Plan de ordenación da navegación e atracada de cada un dos encoros afectados (Os Peares, San Pedro e Santo Estevo) ou que se tramitase un estudo de impacto ambiental conxunto e acumulativo deste tipo de instalacións pola Administración competente.

Por resolución de data 5 de agosto de 2025 da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A. acordouse someter a información pública o Plan de ordenación da navegación e atracada da Ribeira Sacra, nos encoros de Os Peares, San Pedro e Santo Estevo, na Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, para os efectos previstos no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas. O citado acordo pódese descargar a través da seguinte ligazón:

A documentación relativa ao devandito Plan que se publica para a súa consulta está conformada polos documentos que se relacionan a continuación e que poden ser descargados nas propias ligazóns:

O que se fai público a fin de que durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contado a partir do seguinte á data de publicación do presente anuncio en Boletín Oficial do Estado, os que se consideren prexudicados ou afectados poidan presentar as súas alegacións ou observacións, dirixidas á Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A., ante este Organismo ou a través de calquera dos medios ou rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Ourense, 5 de agosto de 2025. - O Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, O.A, José Antonio Quiroga Díaz

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.